Benquerido señor Outeiro. A curiosidade levoume á Coruña a pasada Sexta feira, onde puiden ver o suficiente para comprobar como se deformaron os feitos nas oficinas dun xornal que se di
galego e doutro que, non menos, se presenta como "
diario de la capital de Galicia". Tamén o suficiente para ver o que non se debe facer se pretendemos defender o noso país dos ataques neo-coloniais e da conseguinte terxiversación e desproporción mediática que tan pouca falta nos fan.
Achei totalmente errada a resposta dos contra-manifestantes, non polo éxito de convocatoria (duplicouse en número aos españolistas) mais pola violencia verbal e o ruído. Respecto dos "amigos de los cachorros de ETA", como dirían os pepeiros vascos, non esperaba nada bo, mais eis que houbo ducias de cidadáns anónimos (entre estes eu me inclúo) que se achegaron con curiosidade e tras contemplar a situación, decidiron mostrar o seu rexeitamento ao ataque proferido por eses homes á nosa cultura, ocupando posicións tranquila e silenciosamente en fronte destes, mentres os "cachorros" coreaban as consignas de sempre. Din que eramos máis de 100.
Probablemente se todos tivesemos "
axido" desta forma, algo moi distinto pasaría. Os 40 ou 50 lunáticos de Coruña Liberal lerían completo o seu
comunicado, sen boicotes, e nós estariamos alí observándoos, en silencio e sen perder as formas para lles demostrar que o pobo galego non acepta ser insultado. Daríamos bon exemplo. Claro que, se é o pobo galego o que insulta de primeiras, non nos extrañe que os que saian reflectidos nos medios como lunáticos non sexan eles, senón nós. E digo "nós" porque por mor das accións pouco meditadas destes mozos, está a caer unha grande lousa sobre o nacionalismo galego en xeral, xa que non faltan os que da outra banda do telón de grelos, e desta tamén, identificarán a estes marxinais como "acólitos de Anxo Quintana y compañía", e por extensión, prentenderán descalificar así, como xa o fan no País Vasco e en Cataluña, a todo o nacionalismo galego.
Como vostede ben dixo:
Citar:
Eses hippies descerebrados deben de ter abusado tanto das drogas que o cerebro non lles dá para comprender que o nacionalismo hispano fai este tipo de cousas para gañar publicidade gratuita. Eles saben que contarán coa desinteresada colaborazón dos descerebrados para que se monte un barullo e logo poder asociar:
"independentismo" = "violencia"