Data/Hora: 31 Jul 2010, 20:33

Os Horários som TMG




Criar Novo Tópico Responder a este Tópico  [ 7 mensagens ] 
Autor Mensagem
 Assunto da Mensagem: 1907-2007: Centenário de "Os Pinheiros"
Nova MensagemEnviado: 07 Dez 2007, 17:25 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 28 Mar 2007, 21:44
Mensagens: 56
Localizaçom: Lucus
Numerosos actos serám festexados esta fim de semana tanto na América como na Galiza onde se conmemora o 1º Centenário do actual Himno Nacional Galego "Os Pinheiros".

O vicepresidente da República de Cuba recibe a Pérez Touriño


O presidente do Goberno inicia este venres a súa visita oficial a Cuba coa intención de estreitar lazos entre o pobo galego e o cubano.

O presidente do Goberno, Emilio Pérez Touriño, sinalou á súa chegada a La Habana, que a viaxe oficial que desenvolverá durante dous días en Cuba servirá para estreitar lazos entre o pobo galego e o cubano.
"Traio un saúdo do noso pobo ao pobo cubano", expresou Touriño á súa chegada ao aeroporto internacional José Martí, onde foi recibido polo vicepresidente da República de Cuba, José Ramón Fernández, e polo embaixador español neste país, Carlos Alonso Zaldívar.

O presidente salientou que a conmemoración do centenario do Himno de Galiza é o motivo fundamental desta viaxe oficial. Neste senso, Touriño lembrou que "soou por vez primeira en La Habana en 1907".

"Vimos conmemoralo, para que o Himno soe dende La Habana en todo o mundo", engadiu o xefe do Executivo. Na delegación viaxa tamén a presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, e representantes dos tres grupos da Cámara.

Pérez Touriño manterá este venres unha xuntanza con empresarios galegos na illa onde coñecerá a situación dos intereses económicos da comunidade e que servirá para estabelecer novos vínculos de cooperación.


AXENDA DO PRESIDENTE DO GOBERNO
(LA HABANA - VENRES 7 DE DECEMBRO DE 2007)
*Hora local (seis horas máis en Galiza)

9.00 horas Almorzo de traballo cos empresarios galegos en Cuba, no Hotel NH Parque Central.

10.40 h. Sinatura do Acordo Marco de Cooperación entre Cuba e Galiza coa ministra de Inversións Estranxeiras e Colaboración Económica de Cuba, Marta Lomas, no ministerio.

11.30 h. Encontro co vicepresidente do Consello de Estado e do Comité Executivo do Consello de Ministros de Cuba, Carlos Lage Dávila, na sede da Vicepresidencia.

13.00 h. Almorzo de benvida, organizado polo vicepresidente da República de Cuba, José Ramón Fernández, na Casa de Protocolo do Goberno de Cuba.

15.00 h. Paseo pola Habana Vieja, guiado polo Historiador da Habana, Eusebio Leal

16.00 h. Na Praza de San Francisco, o presidente da Xunta descubrirá unha placa con textos de Rosalía de Castro na fachada do Café Oriente. A continuación, Pérez Touriño presidirá a ofrenda floral que se realizará ante un cruceiro galego, na que participará un grupo de nenos da colectividade galega.

17.30 h. Encontro co ministro de Relacións Exteriores do goberno de Cuba, na sede do ministerio.

20.00 h. Cea ofrecida polo embaixador español en Cuba, Carlos Alonso Zaldívar, na residencia deste.



Os actos do centenario do himno galego terán lugar en cinco cidades simultaneamente


O 20 de decembro de 1907 o Gran Teatro de La Habana acolleu a estrea do Himno galego. Unha celebración que se conmemorará o próximo sábado día 8 neste mesmo teatro pero que, esta vez, se estenderá a outras cidades. No Centro de Galicia-Olivos de Bos Aires, Milladoiro e Xeito Novo ofrecerán un concerto; o Centro Galego Carrasco de Montevideo acollerá outro de Susana Seivane e Los Williams; San Salvador de Bahia, en Brasil, terá un con Uxía Senlle, Carlos Núñez e Chico César no cartel. Completa o programa a Orquestra Panorama tocando desde o Gran Marina Hotel en Barcelona. A celebración será retransmitida en directo por Televisión de Galicia.


Fontes: Vieiros e culturagalega.org

_________________
Imagem


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem: Re: 1907-2007: Centenário de "Os Pinheiros"
Nova MensagemEnviado: 07 Dez 2007, 20:57 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Citar:
O presidente salientou que a conmemoración do centenario do Himno de Galiza é o motivo fundamental desta viaxe oficial. Neste senso, Touriño lembrou que "soou por vez primeira en La Habana en 1907".


Home, Emilio, Emilio, Emilio.... Na túa posizón deberías sabelo mellor que ninguén....

Galicia-Hoxe Escreveu:
O HIMNO GALEGO NON SE ESTREOU EN CUBA

Descobren no Congreso de Pascual Veiga que o himno galego tivo a súa estrea pública dez anos antes da data oficial da súa primeira interpretación

MARÉ . SANTIAGO
O himno galego interpretouse por primeira vez dez anos antes da data oficial de estrea. Así o formulou onte o musicólogo Fernando López-Acuña durante a xornada de inauguración do Congreso Pascual Veiga e a súa época no que se situou ó compositor como pioneiro do rexurdimento musical galego.

O encontro, organizado pola Consellería de Cultura, foi inaugurado onte por Luís Bará, director xeral de Creación e Difusión Cultural, xunto con Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega (RAG). Bará destacou que este foco constitúe o "primeiro acto" dun conxunto de actividades arredor do autor do Himno Galego ó que cualificou como "unha figura fundamental do Rexurdimento".

O investigador e musicólogo Fernando López-Acuña sacou á luz novos datos sobre a estrea pública do himno galego, que negan que fora na Habana no 1907. Aínda que polo de agora descoñecen a data e o lugar exacto, as informacións publicadas e as partituras dos orfeóns da época apuntan a que a composición de Veiga xa facía acto de presenza no ano 1896, asegurou López-Acuña. Os primeiros datos atópanse en xornais e revistas especializadas e proveñen da polémica que xurdiu nun certame de Lugo, despois de que o Orfeón do Centro Gallego de Madrid dirixido por Veiga o perdese. Para facer fronte ás críticas, desde esta institución "faise unha declaración institucional" na que empregan a letra do poema de Pondal para defenderse "máis só os iñorantes, e feridos e duros,/ imbéciles e escuros/ non nos entenden, non". Outros vestixios sitúan a composición do galego en mans do Orfeón coruñés El Eco.

REACCIÓNS Bará destaca a investigación

Luís Bará valorou o proxecto de investigación, que se iniciou hai un ano "co aniversario do falecemento" do compositor e que segue unha liña de investigación arredor "dos estudos de arquivos e do Himno".

DATOS Entra en escena o catalán Gotós

A coordinadora do Congreso, Rosa Fernádez, rexeitou a data do 13 de xullo do 1890 como o día de nacemento da composición de "Os Pinos", xa que descobre que "esta partitura non é de Veiga, senón do gañador do certame á mellor marcha rexional galega, o catalán Ivo Gotós". Ao concurso presentáranse dez composicións coa letra do poema de Eduardo Pondal, máis outra creación do mindoniense que será a que se converta no verdadeiro himno galego cuxo nacemento se sitúa "entre abril e xullo do 1890".

Flonte: http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php ... cia=140000



Non é que eu sexa mal pensado, mais se cadra, o merdadeiro motivo da viaxe a Cuba é que Touriño quixo lembrar vellos tempos revolusionarios
Imagem
…facendo un tour cultural a Cuba con outros seus compañeiros do vello Partido Comunista de Galicia (os tamén ex-militantes do PC(g) Dolores Villarino, colocada como presidenta do Parlamento, e José Ramón Fernández Antonio, colocado como Conselleiro de Economía) e máis toda a tropa da UPG-BNG que, por suposto, foron os primeiros en apuntarse con gastos pagos polos nosos impostos á macrocomitiva oficial a unha dictadura criminal hispanoamericana.

Supoño que só será coincidencia... A ex-comunista Villarino meténdonos o Hino Nacional a berros hispanoárabes no Parlamento Nacional e o ex-comunista Touriño levándonos a principal celebrazón do Hino a unha ditadura comunista hispana... Serán coincidencias da vida...


Citar:
AXENDA DO PRESIDENTE DO GOBERNO
(LA HABANA - VENRES 7 DE DECEMBRO DE 2007)

13.00 h. Almorzo de benvida, organizado polo vicepresidente da República de Cuba, José Ramón Fernández, na Casa de Protocolo do Goberno de Cuba.

15.00 h. Paseo pola Habana Vieja

20.00 h. Cea ofrecida polo embaixador español en Cuba, Carlos Alonso Zaldívar, na residencia deste.


Supomos que, esta (falsa) conmemorazón da (falsa) primicia do Hino Nacional en La Habana non lle deixará tempo ao Presidente de todos os galegos para asuntos tan triviais como pedir ao réxime dictatorial cubano que devolva a Galiza o antigo Centro Gallego que foi expropiado polo Estado Comunista… ou que o estado comunista cubano deixe en liberdade a varios dos fillos e netos de galegos que se encontran nas prisóns cubanas pola súa disidencia coa dictadura comunista (os que foron asasinados en nome da “revolusión” xa non hai xeito de devolverlles a vida).

Imagem

En fin, polo menos divírtase e páseo ben en Cuba, Tovarich, quero dicer… “Presidente”. Pagamos nós.

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 09 Dez 2007, 23:23 
Offline

Registado: 23 Out 2006, 21:58
Mensagens: 35
OSTIA!! QUE FUERTE!!!! O Tourinho num mitim do partido comunista galego :shock: nom sabia eu dessas cousas, esta noite nom durmo :(
Nom sabia que o Tourinho estivera no PC.
É o mesmo PC de Anguita?? deame lus senhor outeiro que semelha que ando desnortado :D


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 10 Dez 2007, 18:53 
Offline

Registado: 10 Dez 2007, 18:43
Mensagens: 110
Hehehe, pois é certo. De feito o comunista Touriño foi quen apresentou o Zeca Afonso no concerto no que soou por primeira vez no mundo Grândola, no vello Burgo das Nacións de Compostela (Carlos Blanco dixit).


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 03 Jan 2008, 01:25 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Caro compatriota senhor Bandariz,

Si, Tourinho começou a sua vida política no partido satélite regional do Partido Comunista da Espanha, o “PC de Anguita”, como vocé o chama.

Sendo estudante e militante das XEC polo ano 1968, o Socialista Tourinho, coherentemente como socialista esquerdista que era, asociaba o canto do Hino Galego co de “Venceremos Nós” e co do “Gaudeamus Igitur” (lembre que tres décadas antes, o primeiro mitin do Partido Galeguista a prol do Estatuto fora saboteado também por militantes da esquerda socialista).

Tourinho foi um home inteligente, e como tantos outros homes que saltárom o Muro de Berlim fugindo do Comunismo em direçom ás democracias occidentais, el também fugiu do Partido Comunista e passou á socialdemocracia galego-espanhola do PSdG-PSOE.

Mas as velhas manhas nunca se esquecem. Chegado a Presidente do Governo, Tourinho preferiu arrodear-se dos seus ex-companheiros fugidos do Partido Comunista em vez de arrodear-se do sector galeguista do PSdG.

Citar:
Los galleguistas del PSOE aguardan un gesto político de Pérez Touriño

La clara predilección del presidente de la Xunta, Emilio Pérez Touriño, por rodearse de ex-comunistas a la hora de formar gobierno con el BNG ha desatado cierto malestar en las filas más galleguistas del PSdeG, donde se dan cita políticos procedentes del PSG de Xosé Manuel Beiras y la Esquerda Galega de Camilo Nogueira, como Antón Louro y Tuco Cerviño, respectivamente. Otros destacados ex – nacionalistas del PSOE son Xerardo Estévez, Ceferino Díaz y Fernando González Laxe. Por el contrario, el propio Pérez Touriño procede del PCG, de los tiempos en que estaba dirigido por Santiago Álvarez.

La presencia de comunistas en las filas del Gobierno gallego es tal que hasta Izquierda Unida –donde está ahora el PCE- reivindicó su presencia en algún acto institucional de la Xunta del bipartito.

Los antiguos nacionalistas que se pasaron al PSdeG - PSOE creen que, por el contrario, coparán "algúns postos importantes" de la Xunta en los segundos niveles de la Administración. En privado comentan que el conselleiro de Economía, también ex-comunista, "nin fala galego".

Fonte: http://www.xornal.com/article.php3?sid=20050807120047


Que ninguém se sorprenda de tanto interesse de Tourinho por celebrar o principal acto do Hino Nacional nom na Galiza, mas na dictadura hispanocomunista de Cuba

Umha vez mais, na Galiza: comunismo = espanholismo.

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 03 Jan 2008, 11:45 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 04 Mar 2007, 10:42
Mensagens: 89
Localizaçom: Liáns
Qué é iso de "Os pinheiros"? Creo que há xente que todavia non se deu conta de que os nomes propios non se cambian de lingua. En galego chamase-lle Breogán ou Os Pinos ao noso himno. Ou igual alguén está chamando analfabeto a Pondal e eu non me din conta, vaia.

Bon, o do PC é bastante grazoso-.Pero quero lembrar ao señor Outeiro e a sua anticomunitis aguda :o que o PC é un partido federalista, así que non creo que sexa coerente chamarlle "partido satélite regional". Sobre todo cando a maioría dos Nacionalistas eran federalistas, aínda que en teoría e práctica non teñan que nada ver co marxismo/comunismo, ou fosen direitamente anti-marxistas/anti-comunistas.


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 08 Fev 2008, 23:30 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Xosé María Máiz Togores Escreveu:
Cen anos

Imagem

Esta fin de semana sentín moita pena ao ver a foto do noso presidente galego aplaudindo na capital cubana como quen o fai nunha cidade libre e respectuosa cos dereitos humanos.

Non entendo esta esquerda nosa. Non a entendo. Danlle ata no ceo do padal a calquera ditador de dereitas, ¡como é de recibo!, pero cando a falta de liberdade vén polo extremo da súa man esquerda, cala como un mudo. É como se tivera de raíz a síndrome de Estocolmo. É como ese pai que censura os comportamentos insolidarios da xuventude, pero cando os ve no seu fillo, pois como que a cousa se pode tolerar. ¡É o meu fillo!, berra a vergonza en silencio. ¡É o noso ditador!, parece que xustifican algúns.

Hai comentarios de certos pensadores da esquerda que fan unha disección perfecta dos asoballamentos dos fascistas de dereitas. Eu, neses casos, calo, dou grazas pola clarividencia e soamente desexo que non se volvan repetir. Non obstante, cando quen mete no cárcere os cidadáns é un fascista de esquerdas, a cousa cambia. Deseguido saen á luz os avances sociais da bota que non deixa vivir en liberdade á xente que se opón ao pensamento único. ¿Que en Cuba hai presos políticos? ¿Que en Cuba non hai liberdade de expresión? ¿Que en Cuba hai desaparecidos? ¿Que en Cuba as cotas de prostitución son brutais? ¿Que...? ¡Tanto me ten! ¡A medicina é gratuíta e o ensino é o mellor do mundo mundial!

Por iso non entendo a viaxe de Touriño a Cuba. ¿Todo por que hai cen anos que soou por primeira vez o himno galego nesa illa? ¡Ben! Pois aproveitemos a oportunidade para berrar alí pola liberdade dos presos cubanos e polo dereito que teñen os cidadáns a elixir democraticamente os seus dirixentes. Nada diso. Todo oficialidade ermética e noxenta. Non vaia espertar o león da selva e escaralle o noso espectáculo ante unha Rosalía, que hoxe ben que choraría os sete mares polos presos cubanos como bradou polos paus que recibiran daquela os galegos en Castela. Nin sequera na telegaita falaron desa realidade. Claro, ¡todo é unha andrómena da dereita!

Que o noso presidente pense que, mentres el sorría, centos de vexados e esquecidos presos cubanos, nuns cárceres inhumanos, choraban de dor pola inxustiza de non poder falar en liberdade. Soamente por iso.

Imagem

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
Mostrar mensagens anteriores:  Ordenar por  
Criar Novo Tópico Responder a este Tópico  [ 7 mensagens ] 

Os Horários som TMG


Quem está ligado:

Utilizadores a ver este Fórum: Nenhum utilizador registado e 0 visitantes


Criar Tópicos: Proibído
Responder Tópicos: Proibído
Editar Mensagens: Proibído
Apagar Mensagens: Proibído

Pesquisar por:
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
Phpbb3 em Galaico unificado por Forum Gallaecia