Data/Hora: 05 Set 2010, 22:02

Os Horários som TMG




Criar Novo Tópico Responder a este Tópico  [ 4 mensagens ] 
Autor Mensagem
 Assunto da Mensagem: A riqueza dumha naçom som os seus empresários
Nova MensagemEnviado: 29 Mai 2008, 20:36 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Carlos Luis Rodriguez Escreveu:
Empresario ceibe

Un dos grandes soños político-económicos do pasado era o brote dunha burguesía autóctona que servise de base a unha opción nacionalista. Cando se soñaba, o soño tiña pouca base e poucos visos de converterse en realidade, xa que o que había entón era un empresariado privado dependente de centros de decisión foráneos, e unha empresa pública que latexaba ao ritmo que marcaba o Estado.

Quen vían a situación con realismo chegaban a un par de conclusións. A primeira era que Galiza ía precisar sempre da muleta da empresa estatal para manter a súa precaria revolución industrial, e a segunda, que o nacionalismo só podería ser de esquerdas e dirixirse en exclusiva a un público de clases traballadoras.

O tempo deulle a razón aos soñadores e desmentido aos realistas. Calquera dos que vaticinaban unha sempiterna anemia burguesa e un nacionalismo só proletario, quedouse coa boca aberta ante un líder do BNG dirixíndose a un selecto auditorio empresarial no Club Financeiro da Coruña.

Máis sorprendido estaría se alguén lle explicase que esa boa relación entre o nacionalista e os empresarios do país ía máis aló do fríamente protocolario. A conferencia é só o reflexo dun dobre fenómeno que se consolida nos últimos tempos. Temos dun lado a aparición dun capitalismo netamente galego, cuns intereses que non son sempre coincidentes cos dos grandes grupos españois, e que están aprendendo a utilidade da autonomía para fortalecerse e defenderse.

Equivocáronse os vellos teóricos que todo o fiaban á empresa pública, ou a chegada ocasional dun benefactor externo que se apiadara de Galiza e decidise investir aquí un pouco do seu capital. O INI non deixou un país orfo, senón unha sociedade na que florecen iniciativas nos sectores máis insospeitados. As súas cuantiosas plusvalías crean, por primeira vez na historia, unha clase empresarial galega vigorosa.

O outro fenómeno afecta ao BNG, unha organización que creceu convencida de que o soño da burguesía indíxena nunca deixaría de ser un mito, e que se atopa de súpeto con que ese tipo de empresario existe e é capaz de falar con Anxo Quintana igual que un colega vasco pode facelo co PNV, un catalán con CIU e un madrileño con Esperanza Aguirre.

Ese encontro na terceira fase de nacionalistas e empresarios é visible na aproximación das linguaxes duns e outros, pero tamén en feitos. Tanto a operación para desembarcar en Fenosa, como a fronte financeira-empresarial para o rescate dos terreos ociosos de Astano, o contrato homologado para o sector lácteo ou as alianzas galaicas para o negocio eólico, son expresión dunha nova cultura.

Xa hai un tipo de empresario galego que non se resigna a ser un segundoxénito. Xa hai un tipo de nacionalismo que interpreta o agrupémonos todos dunha forma moderna. Non é que os empresarios que enchían o outro día o Club Financeiro convertéronse de súpeto en fregueses da UPG, nin que Quintana caeuse do cabalo para levantarse neoliberal.

Simplemente son dous camiñantes incompletos que se atopan na ruta. Ao empresariado de raíz, ramas e tronco galegos fáltalle a política que reflicta os seus intereses. Ao nacionalismo fáltalle esa burguesía soñada que tanto tardou en chegar. Ambos se miran, escóitanse, comproban que ninguén morde e din por que non?

Fonte: http://www.elcorreogallego.es/index.php ... ion=305746

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 31 Mai 2008, 14:13 
Offline

Registado: 10 Dez 2007, 18:43
Mensagens: 110
Esta é sem dúvida umha oportunidade que nom podemos deixar atrás. Se os empresarios passam do "Vivamos como galegos" a dar verdadeiro exemplo empresarial, político, lingüístico e cultural, é mui possible que esse funesto sentimento secular de auto-ódio desapareça por fim da nossa terra.


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 01 Jun 2008, 19:42 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 20 Fev 2007, 21:09
Mensagens: 415
Localizaçom: Exilado na Meseta :)
Trátase, na fin, de facer de cada galego un empresario...

... e non un subsidiario de fondos europeos que cre que ten que fuxir da súa terra, a periferia decadente dunha metrópole iberomediterránea, para medrar.

_________________
-"Dende o lugar máis reducido do mundo, calquer home pode contempla-la inmensa grandeza do firmamento" - Vicente Risco, de Séneca


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 21 Set 2009, 11:29 
Offline

Registado: 20 Set 2009, 19:39
Mensagens: 4
Localizaçom: A Corunha
Com umha total propiedade privada Galiza será realmente livre, o estado intervencionista, seja galego ou espanhol, so causa distorsons na livre economia de mercado, com isso fode-se nom so aos empresarios, senom também a todos os trabalhadores e consumidores do país, seja o país que seja, neste caso Galiza. Um pais com umha economia intervida é doado de asovalhar, um país livre com autêntica força nom se deijará pisar por nengum estado.


Topo
 Perfil  
 
Mostrar mensagens anteriores:  Ordenar por  
Criar Novo Tópico Responder a este Tópico  [ 4 mensagens ] 

Os Horários som TMG


Quem está ligado:

Utilizador a ver este Fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante


Criar Tópicos: Proibído
Responder Tópicos: Proibído
Editar Mensagens: Proibído
Apagar Mensagens: Proibído

Pesquisar por:
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
Phpbb3 em Galaico unificado por Forum Gallaecia