Data/Hora: 10 Set 2010, 20:44

Os Horários som TMG




Criar Novo Tópico Responder a este Tópico  [ 20 mensagens ]  Ir para página Anterior  1, 2
Autor Mensagem
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 16 Mai 2007, 19:19 
Offline

Registado: 30 Abr 2007, 16:09
Mensagens: 3
Localizaçom: Compostela - Galiza
Atençom. Neste forum estam-se a confundir dous conceitos que derivárom face a praxes diferentes. O marxismo nom contempla a realidade nacional porque está preocupado por umha estratégia útil. Logicamente, para que o movimento obreiro tivesse assentamento era necessário que se operasse no conjunto do mundo. Isso nom aconteceu. Quanto ao comunismo, hai que observar umha antinomia. Dumha parte, o leninismo foi muito sensível às realidades nacionais. É célebre a sentença: "o direito do povo à autodeterminaçom significa apenas o seu direito à independência". E Lenin procurou estender umha rede de aparatos de autodeterminaçom nas diversas repúblicas que se estabelecêrom com a configuraçom da URSS. O que acontece, provavelmente, é que o que hoje se trata como comunismo é apenas a sua configuraçom final, da que foi responsável (enquanto dirigente) Stalin. Ele foi quem assinou os decretos de centralizaçom administrativa e monolitismo ideológico. A história demonstrou que errou fulcralmente. Neste fórum estám-se também a confundir esses termos, perigosamente. O marxismo nom é apenas o Stalinismo enquanto o Stalinismo nom é a única forma possível de marxismo. Lembrem.

_________________
http://galizadebate.blogspot.com/


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 29 Jul 2007, 21:54 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Brétema Escreveu:
Para mín é difícil darlle o meu voto ao BNG tendo ainda o seu cancro sen operar (UPG). Estou seguro que non son o único galeguista de centro no país. Cada día teño máis certeza de que hai un "mercado eleitoral" non esquerdista que ainda está sen atender (quizais por iso o nacionalismo ten cotas de poder tan limitadas na Galiza)


É natural que o actual "nacionalismo" comunista teña tan pouca cota de poder na Galiza.

Como vocés saberán, o 25 de Xullo, Día Nacional da Galiza, a UPG organiza unha manifestazón na Praza da Quintana, en Santiago. É unha manifestazón principalmente comunista, baixo a excusa do noso día nacional, na que a bandeira nacional é minoritaria, e maioritarias son as bandeiras vermellas comunistas (na foto, ademáis das bandeiras deturpadas coa estrela vermella comunista, hai bandeiras da dictadura da URSS e mesmo dun país árabe).

Imagem Imagem

Vexamos cales son os grupos políticos “irmáns” que asistiron como convidados á manifestazón comunista da UPG na Praza da Quintana o 25 de Xullo de 2007:

“PARTIDO COMUNISTA DE CUBA”: No comment. Comunistas caribeño-cubanos, antiga colonia hispana e hispanofalante, e unha das últimas ditaduras tiránicas do mundo. Por suposto, hai que falarlles en Español.

“MOVIMIENTO BOLIVARIANO REVOLUCIONARIO”: Comunistas caribeño-venezolanos, antiga colonia hispana e hispanofalante. Por suposto, hai que falarlles en Español.

“DELEGACIÓN SAHARAUI PARA GALIZA”: Africanos-islámicos, antiga colonia hispana e hispanofalante (qué se lle perdeu a Galiza no Sahara?). Por suposto, hai que falarlles en Español.

“FRENTE AMPLIO”: Neo-comunistas de Uruguai, antiga colonia hispana e hispanofalante. Por suposto, hai que falarlles en Español.

“PARTIT SOCIALISTA DE MALLORCA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. “No son atlánticos, pero qué más dá, si es que todos somos españoles!”.

“UNIÓ MALLORQUINA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. “Los invitamos porque nos une una cultura: la española”.

“BLOC NACIONALISTA VALENCIÁ”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. “A Galicia y Valencia nos une el Mediterráneo y la cultura española”.

“ESQUERRA REPUBLICANA DE CATALUNYA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español. Outra máis.

“CONVERGÉNCIA I UNIÓ DE CATALUNYA”: Nazón ibera-mediterránea, parte do Estado Español.

“NAFARROA BAI”: Nazón ibero-mesetaria, parte do Estado Español.

“EUSKO ALKARTASUNA”: Outra nazón parte do Estado Español.

“PARTIDO NACIONALISTA VASCO”: Máis outra nazón parte do Estado Español.

“PARTIDO COMUNISTA PORTUGUES”: Comunistas e lusos. No comment.

“BLOCO DE ESQUERDA”: Neo-comunistas e lusos. Máis iberismo.

“PARTIDO COMUNISTA DO BRASIL”: Máis comunistas e máis colonialismo lusitano.

“PARTIDO DOS TRABALHADORES” Neo-comunistas do Brasil. Máis neocomunismo e máis colonialismo lusitano.


16 partidos políticos convidados. Todos eles tén relazón ou co Comunismo ou con España.

Mas non se autodeclaraba a UPG como un partido “nacionalista” galego, e por tanto Europeo e Atlántico?

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido irlandés? Non.

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido escocés? Non.

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido galés? Non.

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido cornuallés? Non.

Entre eses 16 partidos, convidou a UPG a algún partido bretón? Non.


No século XXI, a UPG-BNG sigue negándose a manter relazóns políticas normalizadas con partidos dos países celtas e atlánticos.

A UPG-BNG síguelles importando máis o Sahara, o Caribe comunista, as favelas do Amazonas e o Mediterráneo.

Por qué?


Porque o Comunismo = Españolismo
ImagemImagemImagem

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 15 Abr 2008, 20:33 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Decálogo de argumentos comunistas contra a independencia das nazóns. Curiosamente, estes argumentos coinciden cos típicos argumentos do españolismo:

X.L. MÉNDEZ FERRÍN Escreveu:
Vanlle levar a penicilina e o pensamento racional" -tivo o valor de nos decer en clase Francisco Cerviño o día no que algúns alumnos lle expresamos a nosa indignación pola primeira ocupación chinesa do Tibet. Cerviño, que non era comunista pero si home de progreso e moi galeguista, sen sabelo diunos unha lección que, polo que se refere a min, endexamais había de esquencer. Hoxe un disparatado Buda vivinte que significa perguiza e explotación dos campesiños, especialmente das mulleres, do Tibet (unha das rexións menos fértiles do mundo) aparece como "líder espiritual" e como símbolo de pureza en todos os medios de comunicación. Por iso me retornan as palabras do meu inesquencíbel profesor de Pontevedra.
Palabras que foron reaparecendo na miña vida cada vez que o movemento nacionalista era usado na dirección contraria do vento (se se me permite a expresión) da Historia. Nin todo o que se axita é revolucionario ("pas tout ce qui bouge est rouge") nin toda autodeterminación libera realmente un pobo ou nación. Claro que o Tibet ten dereito á súa independencia nacional, pro os homes e mulleres ceibes do mundo deberían desexar que tal independencia leve acompañada a supresión do poder dos lamas que fabricaron altares de ouro coa fame do pobo e que as mulleres saian da escuridade e da opresión máis terríbel das que o seu sexo sofreu nunca nin sofre. Antes de nos solidarizar co Tibet dominado por China teremos que nos preguntar a costa de quén viven os milleiros de lamas exiliados cuxo tempo non se ocupa no traballo útil e cuxa mentalidade xace nas sombras da alienación relixiosas nas que non penetra nin unha soa raiola de lucidez científica e racionalista. Se certamos a determinar quen paga o combustíbel do jet do Dalai Lama e alimenta a súa corte de frades sempre masculinos poderemos comezar a comprender o labirinto tibetano nos termos nos que se traza na actualidade o seu sistema de galerías segredas.
Despois do Tibet pasou pola miña vida o separatismo de Kaga contra o Congo popular de Lumumba, o independentismo zulú insolidario co proxecto multinacional e multilingüe da Sudáfrica de Mandela, a Padania de ópera bufa e intereses vulgares que trata de lle corrixir a historia á Italia alegre e tricolor que amaran Murguía e Curros. Vin con horror como a desfeita da URSS se apoiaba na alavanca dos mesmos nacionalismos que na miña nenez nutriran as fileiras do nacionalsocialismo e das SS no Leste de Europa. Coñecín como Yugoslavia, un modelo de sociedade libre e multicultural, estoupaba e volvía á barbarie na medida en que o seu discutido socialismo autoxestionario se extinguía ben conducido pola man segura do Vaticano, dos EEUU e da eterna política oriental dos alemáns de novo reunificados para o mal xeral da Humanidade. Por fin, asisto á independencia de Kosovo, velaí a criazón do paradiso do desorde que é Kosovo. Nun escamoteo pérfido do Capital, Kosovo, xa non é Serbia pero, oh milagre, tamén xa non é Albania. Só diñeiro desregulado e puro.
As bandeiras con barras e estrelas ondeando ao vento de Kosovo sírvenme para visualizar do xeito inequívoco a lección de Francisco Cerviño Gesteira en 1950. Todo nacionalismo é plástico e depende de cal contido e forma se lle dea á súa función no movemento da Historia. Iso dicía Étienne Balibar, n´ A Trabe de Ouro e iso penso tamén, modestamente, eu.


Comunista: “Tibet é unha das rexións menos fértiles do mundo”
Españolista: “Galiza es una de las regiones más pobres de España”

Comunista: “Antes de nos solidarizar co Tibet dominado por China teremos que nos preguntar a costa de quén viven os milleiros de lamas exiliados”.
Españolista: “Antes de solidarizarnos con el Consello Galeguista en el exilio argentino durante la dominación franquista tendremos que preguntarnos a costa de quén viven los galleguistas exiliados”.

Comunista: “cuxa mentalidade xace nas sombras da alienación relixiosas nas que non penetra nin unha soa raiola de lucidez científica”
Españolista: “cuya mentalidad yace en as sombras de la alienación religioso-nacionalista en las que no penetra ni un sólo rayo de lucidez científica”

Comunista: “Despois do Tibet pasou pola miña vida o independentismo zulú insolidario co proxecto multinacional e multilingüe da Sudáfrica de Mandela”.
Españolista: “Después del Tibet pasó por mi vida el independentismo zulú insolidario con el proyecto multinacional y multilingüe de la Sudáfrica de Mandela”.

Comunista: “Coñecín como Yugoslavia, un modelo de sociedade libre (????????) e multicultural, estoupaba e volvía á barbarie na medida en que o seu discutido socialismo se extinguía conducido pola man segura do Vaticano, dos EEUU”
Españolista: “Conocí como Yugoslavia, un modelo de sociedad libre y multicultural, estallaba y volvía a la barbarie en la medida en que su discutido socialismo se extinguía conducido por la mano segura del Vaticano, de los EEUU”

Imagem

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 13 Jun 2008, 20:18 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Citar:
Primeira Linha aborda el nuevo socialismo (HISPANO)

Primeira Linha, principal organización independentista gallega, analiza mañana en Santiago la importancia del nuevo socialismo en el mundo, una terminología utilizada tras la llegada de Chávez a la presidencia de Venezuela.

La fuerza liderada por Carlos Morais traerá a la capital gallega -hotel Araguaney- a figuras relevantes en el ámbito internacional para participar en los debates. Entre los conferenciantes se encuentra el dominicano Narciso Isaac Conde, presidente de la Coordinadora Continental Bolivariana en América Latina, en cuya estructura están integradas las FARC. También asistirá el vasco Iñaki Gil, miembro de la izquierda abertzale; la comunista cubana Elena Martínez, y el profesor de la Universidad de Buenos Aires y marxista reconocido en América Latina, Néstor Kohan.

Fonte: http://www.elcorreogallego.es/index.php ... dicion=849



Este é o "novo socialismo" que queren traer á Galiza:
Venezuela (terceiro mundo hispano)
Domicana (terceiro mundo hispano)
Cuba (terceiro mundo hispano)
Arxentina (segundo mundo hispano)
ETA (estado español, partidarios dunha dictadura soviética)

Galiza é unha Nazón Atlántica, non un satélite socialista hispano!

Comunismo = Españolismo

Imagem

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 13 Jun 2008, 23:02 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 20 Fev 2007, 21:09
Mensagens: 415
Localizaçom: Exilado na Meseta :)
Bons apuntamentos Outeiro. Calquer cidadán pode ve-las contradicións internas do pseudonacionalismo galego neocom, que fica mergullado nas súas vellas glorias sen decatarse de ningún dos verdadeiros problemas que ...
...un intre, que é isto?!!?!! :shock:

Imagem

Vaia, á fin entenden que a estética soviet non vende... é un avance :roll:

_________________
-"Dende o lugar máis reducido do mundo, calquer home pode contempla-la inmensa grandeza do firmamento" - Vicente Risco, de Séneca


Topo
 Perfil  
 
Mostrar mensagens anteriores:  Ordenar por  
Criar Novo Tópico Responder a este Tópico  [ 20 mensagens ]  Ir para página Anterior  1, 2

Os Horários som TMG


Quem está ligado:

Utilizador a ver este Fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante


Criar Tópicos: Proibído
Responder Tópicos: Proibído
Editar Mensagens: Proibído
Apagar Mensagens: Proibído

Pesquisar por:
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
Phpbb3 em Galaico unificado por Forum Gallaecia