A pornografía non é un indicador dunha sociedade culta e desenvolvida, mas este artigo fíxome pensar que, en situazón de conflito, aquí podemos ter unha ferramenta (pacífica) máis de loita contra os talibáns que ameacen con islamizar a nosa mátria. Bombas de botelo, balas de chourizo, metralha de lacom e cachuchas de porco (celta), tampóns femininos, e empapelado de pornografia nas paredes das mesquitas.
Porno para Ahmadinejad Mahmud Ahmadinejad acaba de anunciar que o réxime dos aiatolás aforcará ou fusilará aos consumidores e produtores de pornografía.
Os dirixentes iranianos, como os dos países de puritanismo similar, teñen razóns sobradas para imporlles penas tan duras ós libertinos: o sexo libre é capaz de destruír os cimentos relixiosos e ideolóxicos dos seus réximes.
Os que viviron a posguerra española sábeno ben. Nos anos corenta había algunhas piadosas damas que apedreaban as mulleres que usaban pantalóns.
Logo, os seus fillos e fillas resultaron landistas, españois simbolizados por Alfredo Landa no cine dos anos sesenta e setenta, miróns onanistas de suecas en bikini. Foron as liberadas nórdicas, tanto como o antifranquismo e Tarancón tras o Vaticano II, as que acabaron co nacionalcatolicismo.
Pronto as escandinavas resultaron puritanas á beira dos netos e netas das que apedreaban mulleres con pantalóns. E as praias españolas están agora cheas de miróns onanistas, pero xa non españois: observándoos pode adiviñarse a súa orixe.
O corpo fermoso e insinuante, feminino e masculino, é unha arma cargada de futuro:
a difusión do porno en Irán podería iniciar unha guerra ideolóxica e fisiolóxica máis eficaz que un ataque nuclear e con bombas acio. Mahmud Ahmadinejad ameaza con volatilizar Israel cos seus futuros explosivos atómicos, e ese país, antes de atacar as instalacións onde os constrúen, debería bombardear Irán con inxentes cantidades de pornografía. Seguramente caería o réxime.
Fonte:
http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php ... ion=178853