PARTIDO GALEGUISTA
Citar:
Artigo 1.- O Partido Galeguista ten a vocación, e o obxectivo permanente, de conformarse como a forza
política que Galicia precisa para súa emancipación.
Citar:
O noso logotipo ten que ver co respecto e o agarimo polas nosas tradicións, nas que nos baseamos,
e das que partimos para construírmos sobre delas un futuro de modernidade venturosa para tódalas
galegas e para tódolos galegos.
Citar:
2.2.2.- O emblema histórico en prata recoñecerá o traballo e o compromiso na defensa da
Identidade Galega, independentemente da afiliación ó PG.
Citar:
Artigo 5.- Poderán afiliarse ó Partido Galeguista as persoas que teñan 18 ou máis anos e que sexan galegos,
ou persoas con ascendentes galegos con independencia da súa nacionalidade oficial.
TERRA GALEGA
Citar:
1º Potenciar a identidade nacional de Galicia, definido o noso país como unha comunidade diferenciada que defenda os nosos intereses históricos, culturais, lingüísticos, económicos en pe de igualdade e equilibrio con outros pobos do Estado español, de Europa e do mundo.
2º Definirse como unha forza política democrática, nacionalista, centrista e progresista que vele pola innovación e modernización de Galicia, adaptándose á nova realidade do país no económico, no social e no cultural.
Citar:
Galicia necesita a consolidación dunha forza propia, moderada nas formas pero esixente nos contidos, que impulse un proxecto político galego para arranxar os graves problemas que padece ante a probada incapacidade dos partidos de ámbito estatal.
Partidos assí interesam. Penso que para um maior aproveitamento da sua força eleitoral, estes dous partidos de âmbito centrista-nacionalista e identitário galego deveriam unir sinérgias para dar umha alternativa ao caduco BNG, botado a perder em mãos dos comunistas da UPG.
Tamém poderiam dar umha alternativa figuras como José Manuel Beiras e Camilo Nogueira.
Os identitários galegos devemos participar e ajudar para que estas alternativas poidam afiançar-se e dar novo ar ao nacionalismo galego, agora monopolizado pola esquerda.
Estes partidos (moderados nas formas mas exigentes nos contidos, como bem dim desde Terra Galega) som o instrumento perfeito que necessita Galiza, que faga de "cavalo de Troia", que modere as formas para passar sem levantar suspeitas polo filtro do espanholismo, para que, fora dos alarmismos de médios e entes espanholistas, poidam desenvolver umha política nacionalista galega. Esta estratégia, pero do lado contrário, foi a que fixo Fraga nos seus 16 anos de governo, apresentándo-se às eleiçons sempre como umha força regionalista ou galeguista moderada (o PPdG) para logo no poder levar a cabo umhas políticas marcada e ferozmente espanholistas.
Isto mesmo é o que tém que fazer o nacionalismo galego, empregar as mesmas armas que emprega o nacionalismo espanhol, darlhe a provar da sua própria medicina. E com partidos nada suspeitosos nas formas (denominando Galicia na contra de Galiza, ainda sendo adeptos da forma Galiza como o Partido Galeguista, dando umha impressom de partido "regionalista-galeguista moderado" desde cousas como o logo, a linguage empregada etc. mas tendo um fundo marcadamente nacionalista...) podemos ganhar a confianza da gente que até o de agora nom concorda co nacionalismo actual e começar a construir umha base tanto no social como no político que prepare a Galiza para o seu fim como povo: a independência e plena soberania nacional.