Data/Hora: 05 Set 2010, 21:24

Os Horários som TMG




Criar Novo Tópico Responder a este Tópico  [ 46 mensagens ]  Ir para página Anterior  1, 2, 3, 4  Próximo
Autor Mensagem
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 28 Set 2007, 00:54 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Compatriota senhor Seso,

Tem todo o legítimo direito de nom concordar quando eu agoiro que o futuro político da nossa naçom passa (realisticamente, em primeiro passo) pola reunificaçom do centro-direita arredor dos atuais projetos de Terra Galega e Partido Galeguista.

Mas nom esqueça que Coalición Galega, o precursor do que hoje é Terra Galega, obtera 11 deputados nas suas primeiras eleiçons nacionais de 1985, e 607 concelheiros nas eleiçons municipais de 1987. Nom esqueça que o PP ganhou 4 maiorias absolutas graças ao poderoso apoio galeguista de setores que antes eram de Coalición Galega. Nom esqueça que Terra Galega, nas suas primeiras eleiçons em 2007, já se converteu na 4 força política da Galiza com vários alcaldes.

Animo-o a que abra um novo tópico neste forum para propor a fundaçom dum partido nacional galaico.

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 15 Out 2007, 20:21 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Galicia-Hoxe Escreveu:
As bases do Partido Galeguista rebélanse contra a actual directiva

Os edís do PG están convocados hoxe a unha reunión, en Santiago, co fin de intentar reconducir o proxecto, logo do "fracaso" nas eleccións municipais ·· O coordinador provincial da Coruña chama a recuperar a "natureza nacionalista" e acabar coa peaxe que supoñen "os candidatos que non son homes de partido válidos"

Os resultados electorais do Partido Galeguista (PG) obtidos nas eleccións municipais pasadas de maio, nas que, entre outros, perderon a representación local que tiñan na corporación de Vigo, a cargo do ex alcalde e secretario xeral da formación Manoel Soto, están levando á formación a un escenario de forte debate interno. Coa vista posta na celebración do IX Congreso do PG, que terá lugar previsiblemente este próximo decembro ou xaneiro e na que se elixirá á nova Executiva Nacional e se actualizarán os conceptos teóricos e prácticos da agrupación, as bases do partido comezan xa a marcar posicións.

En efecto, hoxe mesmo terá lugar unha reunión en Santiago, á que están convocados todos os concelleiros do PG. Impulsada por Siberio Mirás Liñares, edil do PG en Oroso, a xuntanza ten como fin debater sobre a situación actual do partido, co fin de artellar un movemento que "reconduza" á formación e a leve "onde debe de estar", facéndolle fronte deste xeito á forma de actuar da actual directiva galeguista.

Por outra parte, o coordinador provincial do PG na Coruña, Suso Martínez, informou onte a GALICIA HOXE de que el ten previsto defender, no IX Congreso do PG, unha liña que reivindique "a recuperación da natureza do Partido Galeguista", é dicir, que o "PG volva ó nacionalimo".

Martínez, que é membro da Executiva Nacional actual, considera que "os galeguistas debemos saber observar" nos comicios pasados locais "un voto de castigo claro e irrefutable ás nosas candidaturas" e por iso fai un chamamento a "unirnos, máis que nunca no galeguismo que a sociedade demanda".

Martínez critica que "non fomos unha forza política nacional. Non fomos quen de artellar unha linguaxe política de país, de proxecto xeral e de futuro. A cidadanía perdeuse nas múltiples mensaxes que emitimos desde as diferentes candidaturas, radialmente diferenciadas entre as Agrupacións Municipais das grandes cidades da Coruña, de Ourense ou de Vigo, e radialmente diferenciadas no resto do territorio nacional". Deste xeito, arremete contra a división existente dentro do PG e avoga por unir o partido. "As candidaturas do PG convertéronse nunha sucesión de reinos de taifas ou satrapías, que dende a Executiva Nacional non soubemos encamiñar e educar nun proxecto nacionalistas moderado e en galego".

Martínez recoñece que no PG hai "unha crise de eido ideolóxico e de norte político que o IX Congreso debe sufocar".


Fortes críticas ós que usan o castelán e non o galego

El avoga por recuperar a identidade nacionalista do PG perdida e fai mención específica á necesidade do uso exclusivo do idioma galego "pois todos sabemos que facer algo diferente é fallar ó sentido común do PG". Ataca duramente así, aínda que sen mencianalo, ó candidato do PG na cidade da Coruña, Carlos Marcos, que empregou o castelán na súa campaña municipal.

Neste sentido, Suso Martínez defende que se debe de "rematar coa condenable peaxe que supoñen candidatos do Partido Galeguista que non son nin homes de partido válidos, achegados ás siglas, nin son galeguistas".


Unha cita "histórica"

O presidente do PG, Xabier González, considera que o IX Congreso do partido debe de ser "histórico" pola súa transcendencia, e debe de ratificar "esa transición da sombra á luz que se ten dado nestes tres últimos anos e que agora xa conta co impagable contraste dunhas eleccións municipais".

Fonte: http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php ... cia=219659

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 26 Out 2007, 13:43 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 20 Fev 2007, 21:09
Mensagens: 415
Localizaçom: Exilado na Meseta :)
Pois o PGa ten máis historia e uns principios máis confidentes ao meu parecer. Sería unha mágoa que o TEGA resultase ser un engano, algo moi probable dado que non amosan moito interese por uni-las súas forzas co PGa.

Saúdos.

_________________
-"Dende o lugar máis reducido do mundo, calquer home pode contempla-la inmensa grandeza do firmamento" - Vicente Risco, de Séneca


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem: ¿Os Tempos son chegados? PGa-TEGA xuntos nas autonómicas.
Nova MensagemEnviado: 29 Jan 2008, 21:52 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 20 Fev 2007, 21:09
Mensagens: 415
Localizaçom: Exilado na Meseta :)
O PG-TEGA presentará unha candidatura conxunta.

Citar:
Para as vindeiras eleccións autonómicas

PG e TEGA dispostos a crear unha alternativa "centro-galeguista"
Xurxo Salgado. O Partido Galeguista e Terra Galega amosan a súa disposición a negociar unha candidatura conxunta para as eleccións autonómicas.

A idea volveuna lanzar o líder de TEGA, Pablo Padín, o pasado sábado durante o IX Congreso do PG. Durante a súa intervención como convidado destacou a necesidade de “chegar a entendementos” para crear unha alternativa conxunta de cara aos comicios autonómicos ou, mesmo, confluír nun único partido.

Falan as dúas formacións

Fontes dos dous partidos consultadas aseguran que hai unha “gran disposición” a “falar e chegar a acordos” e mesmo a crear unha “gran coalición” de cara as vindeiras eleccións.

“Nós recollemos esa oferta con moito interese porque TEGA ten moita xente con conviccións nacionalistas”, asegurou en declaracións a A Nosa Terra Diario o novo presidente do PG, Manuel Suárez. “Se hai coincidencias programáticas non vexo ningún problema”, engadiu.

“Espacio centro-galeguista”

Tamén Padín, en declaracións a este medio subliñou a necesidade de crear un espacio “centro-galeguista” en Galiza “afastado das posturas do BNG”. “Disposición sempre houbo e sabemos o que nos xogamos”, destacou.

En todo caso, e a pesar das intencións, tanto o novo presidente do PG, Manuel Suárez, como o propio Padín amósanse prudentes. “O TEGA ten primeiro que sedimentar as súas estruturas de partido”, apuntou o primeiro, mentres que o segundo lembra que son a 4ª formación política de Galiza e avoga por unha conversa “seria” entre partidos e non con “cabreados”.

“Cabreados do PPdeG”

Por iso, o presidente de TEGA “non quere escoitar falar de cabreados do PPdeG”. “Non queremos ir contra ninguén, senón falar de programas e ideas”, asegura. Sen embargo, non nega que existan conversas con concelleiros porque “nós estamos presentes en moitos concellos”, asegura.

“A nós non nos gusta ter a xente que se vende por catro lentellas. Buscamos xente seria”, afirma en referencia ao pacto acadado entre Unión Condado-Paradanta (UCPA), partido liderado por Nava Castro, que irá como número tres na lista do PP ao Congreso.

"Non con cartos"

Neste sento, non oculta que TEGA tamén esta negociando con formacións independentes pero “sempre con ideas e programas e non con cartos”. O seu obxectivo é consolidar un partido de “centro-galeguista”. Por iso, asegura que, en breve, a súa formación trasladará a sede central a Santiago para ter unha “mellor coordinación”.







http://www.anosaterra.org/index.php?p=nova&id_nova=3855

Semella que aínda fica algo de intelixencia no centro. ¿Que opinades?

_________________
-"Dende o lugar máis reducido do mundo, calquer home pode contempla-la inmensa grandeza do firmamento" - Vicente Risco, de Séneca


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 25 Mar 2008, 22:39 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Xoan Gato Escreveu:
"O meu soño sería ver algún día a Galicia gobernada por si mesma"

Imagem

Xoán Gato, alcalde de Narón e coordinador xeral de TEGA

Xoán Gato é Coordinador Xeral de Terra Galega e alcalde de Narón desde hai 22 anos. Ao longo de todos estes anos, él e o seu equipo de goberno converteron a este municipio nun referente en canto a xeración de riqueza e benestar social para os veciños. Nesta entrevista, Gato, ademais de facer un breve repaso da súa traxectoria no pasado e destes últimos anos de autonomía, nos conta a súa opinión sobre a situación actual da nosa terra


Ti empezaches na política haxa máis de trinta anos. Cómo era daquela a sociedade galega? Había moitas diferenzas entre a Galicia de hoxe en día e a Galicia dos anos 70?

A Galicia de entón pouco ten que ver coa Galicia do presente. Daquela a galega era unha sociedade aínda moi rural malia que o peso que esta tiña na nosa terra ía cada vez a menos. Ademais viviamos baixo a represión do franquismo e isto se manifestaba nun control esaxerado sobre a sociedade. Había medo e ese medo chegaba. No que respecta a situación económica, aquela Galicia era economicamente máis precaria que a de hoxe en día. Ese era o contexto no que nos movíamos daquela.


Como foron os teus comezos na mundo da política?

Aos dezanove anos entro a traballar na industria madeireira onde empecei a tomar conciencia política. Alí vivín dúas folgas. A segunda delas tivo moita repercusión debida aos convenios e a dureza de moitos traballos. Nas manifestacións houbo malleiras mesmo a traballadoras de avanzada idade. Nese momento empecei a facerme preguntas e a ter curiosidade polo que me rodeaba, empecei a darme conta de que viviamos nunha sociedade chea de inxustizas sociais. Comprendín que non había dereito a aquela represión. En definitiva, empecei a tomar conciencia política. Logo, cando empecei a traballar en ASTANO, as miñas inquedanzas acentuáronse aínda máis ao traballar rodeado de xente moi concienciada politicamente. Posteriormente, xa nos últimos anos do franquismo caeu nas miñas mans un libro chamado “O atraso económico de Galiza” do profesor Xosé Manuel Beiras A partir de aí empecei a descubrir o nacionalismo galego. Empecei a descubrir porqué en Galicia a xente emigraba e noutros lados non, porqué a nosa terra non paraba de desangrarse e se encontraba nunca situación de atraso e marxinación total. Ao contrario que a maioría dos galeguistas eu cheguei ao nacionalismo pola vía económica, non pola vía cultural ou lingüística. Ao pouco tempo afilieime ao PSG, unha formación de carácter nacionalista e socialdemócrata.


Ao longo dos anos oitenta e noventa houbo moitos intentos por crear unha formación nacionalista e moderada en Galicia. Desafortunadamente, todos estes proxectos fracasaron. A qué achacas ti eses fracasos?

Fundamentalmente a tres motivos. En primeiro lugar porque a burguesía galega desgraciadamente nunca apoiou dunha forma clara e contundente ningunha iniciativa propia de Galicia, fose esta máis de centro como Coalición Galega ou máis de esquerdas. Segundo, pola postura da igrexa. A igrexa en Galicia, con moito arraigo e influencia na poboación rural, tampouco nunca se pronunciou dunha forma rotunda en favor dos dereitos colectivos de Galicia, ao contrario que as igrexas vasca e catalá. Lonxe diso, a igrexa galega sempre se caracterizou polo seu desprezo a lingua e cultura do país, aínda que houbo algunha excepción. Iso supuxo un hándicap moi forte para os partidos galeguistas que nacían dende o centro. Terceiro, o feito de que Galicia tivo e aínda ten un forte complexo de inferioridade respecto de todo aquilo que procede de Madrid. O mimetismo e a dependencia social, e mesmo empresarial, que moitos galegos teñen respecto de todo o que procede desde o Centro responden a ese complexo. Aínda hoxe en día a máxima aspiración de moitos políticos galegos é acabar formando parte do goberno de Madrid. Isto é consecuencia de tantos anos de esmagamento e de venda da burguesía galega. A dereita española vendo esta situación, usou esa dependencia iniciando un forte proceso de compra de vontades, atacando en cuña calquera intento por crear unha formación galeguista de centro. Por outra banda, a UPG, como partido marxista – leninista que é, nunca aceptou que aparecese outra voz nacionalista de carácter popular que non fose a súa, pretendendo desde xeito ter sempre o monopolio do nacionalismo galego de esquerdas. Resumindo, entre que a burguesía non acepta xogar nun campo galeguista, ou polo menos de carácter galego, e entre que a única forza política nacionalista asentada ten un forte compoñente comunista, nos encontramos cunha situación claramente polarizada que destrúe todo o que hai no medio.


Qué valoración fas destes 25 anos de autonomía? Hai un cuarto de século esperabades máis?

Si, esperábamos máis. Galicia tivo a desgraza de ser gobernada por unha dereita que nunca creu nela durante case todo este cuarto de século. Os gobernos de Fraga acabarían marcando moi negativamente a autonomía galega. Desde hai dous anos, trala perda do poder por parte do PP, nos encontramos cunha Galicia gobernada por un PSOE que segue a ter un comportamento marcadamente servil cara os seus superiores madrileños e cun BNG que con tal de ter o poder moitas cousas que dixo no seu día e que eran axiomas fundamentais da súa identidade, agora as está tendo que tragar a pasos axigantados. O caso é que aínda que Galicia progrese social e economicamente, é importante remarcar o feito de que este crecemento é so debido a que a nosa terra está metida nos carros do Estado Español e europeo, chegándonos aos galegos só un pouco das migallas do desenvolvemento estatal. En calquera análise social, económica, cultural ou sanitaria, sempre ocupamos os lugares mais baixos das estatísticas, presentando ademais unha gran perda de habitantes e envellecemento da nosa poboación, que a súa vez implica unha forte perda de peso político e económico. A entrada en Europa faise en parte a conta dos intereses galegos, como por exemplo a gandería, o sector pesqueiro ou o naval e Galicia aínda segue sendo considerada como unha reserva de votos do partido que goberna en Madrid.


Esa entrada en Europa da que falas, cres que foi positiva para Galicia?

En liñas xerais Galicia está metida no carro europeo, cunha moeda única de relevancia mundial, tendo ademais calquera empresa galega a posibilidade de poder vender os seus produtos libremente nun mercado de 500 millóns de habitantes. O problema é que nos pactos e acordos de entrada en Europa todo fai pensar que Galicia foi prexudicada en beneficio doutras zonas do estado, actuando a nosa terra unha vez máis coma moeda de cambio. Eu parto da base de que a entrada en Europa tivo dúas caras. A cruz foi para Galicia unha cruz moi pesada, pero aínda así era moi importante, mesmo vital, que entrásemos en Europa.


Falando xa de Terra Galega, cómo naceu este proxecto?

Moitos galegos levamos no noso interior un forte sentimento de identidade galega. A iso, moitas outras persoas lle sumamos ademais o feito de querer o mellor para a nosa terra, de que estea ben comunicada, de que aquí haxa calidade de vida e un traballo digno para todos, cunha boa sanidade e unha mellor educación. A maiores, moitos galegos non aceptamos de bo grao que se nos discrimine respecto doutras partes do Estado nin nos conformamos con ter que resignarnos a ter menos protagonismo que os cataláns, os vascos ou os casteláns. Xente con esta forma de interpretar e querer a Galicia son a que no seu día deron lugar ao nacemento de Terra Galega. Porque a esencia deste partido precisamente é esa. Formar parte de Terra Galega é, en certo modo, unha maneira de sentir e de querer a Galicia. Terra Galega saíu dunha serie de xuntanzas de xente concienciada e comprometida con este país. Xuntanzas que se acabarían materializando hai ano e medio en Santiago coa fundación do partido. Agora, unha vez creada esta forza política temos que intentar transmitir á sociedade ese sentimento que implica pertencer a Terra Galega. Temos, en definitiva, que poñer no menú unha nova oferta política a disposición da sociedade galega que sirva para normalizar políticamente este país. Ese é un dos obxectivos fundamentais polo cal naceu TEGA, normalizar políticamente a Galicia.


Qué valoración fas deste ano e medio de vida de TEGA?

O proxecto de Terra Galega non é un camiño doado porque a clase empresarial galega non acaba de dar un paso definitivo por mollarse pola súa terra e porque os medios de comunicación nos ignoraron ao longo de todo este tempo. Malia todo, aí están os resultados obtidos nos pasados comicios locais, que só se poden considerar coma positivos. Agora ven unha etapa de consolidación na que temos que aguantar o que hai. Se nos logramos consolidar estes dous anos e se ademais conseguimos ilusionar a sectores importantes da sociedade galega, creo que nas vindeiras eleccións autonómicas imos ter unha oportunidade histórica para que Terra Galega se poida converter nunca forza política de referencia no país. A miña ilusión, o meu soño, sería ver algún día a Terra Galega tomando as rendas deste país, sería ver algún día a Galicia gobernada por si mesma.

Fonte: http://www.terragalega.eu/novasver.php?id=264

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 26 Mar 2008, 11:16 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 20 Fev 2007, 21:09
Mensagens: 415
Localizaçom: Exilado na Meseta :)
Interesante entrevista.

Penso que o nacionalismo ten dous alicerces: un cultural e outro materialista-económico.
A carencia de un deles fai imposible realizar calquer proxecto.

Os proxectos políticos nacionais galegos fracasan por non ter simultáneamente un proxecto cultural e económico cohesionador, sólido e explícito que inspire á sociedade galega.

_________________
-"Dende o lugar máis reducido do mundo, calquer home pode contempla-la inmensa grandeza do firmamento" - Vicente Risco, de Séneca


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 26 Mar 2008, 21:37 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Un pouco de "memoria histórica":

Terra Galega Escreveu:
Cúmprense 25 anos do nacemento de Coalición Galega, unha das formacións impulsoras de TEGA.

Coalición Galega foi a primeira gran forza galeguista que rachou co bipartidismo centralista na nosa terra. Liderada polo empresario Euloxio Gómez Franqueira, esta formación chegou a gobernar en máis da metade dos muncipios galegos con máis de 1.000 concelleiros espallados por toda Galicia, ter a presidencia da deputación de Ourense con maioría absoluta e lograr once deputados no parlamento galego tras acadar case 170.000 votos nas eleccións galegas de 1985. Na propio goberno autonómico CG acadaría un protagonismo sen precedentes para o nacionalismo galego ao gobernar a vicepresidencia da Xunta e tres consellerías, unha delas, a de sanidade, gobernada polo agora presidente de TEGA, Pablo Padín. Do mesmo xeito, Coalición Galega foi a primeira formación nacionalista en obter representación no congreso dos deputados, no senado e no parlamento europeo de Estrasburgo.



Desafortunadamente o éxito desta formación foi tan grande como efémera a súa duración. Moitos foron os motivos que levaron ao desmembramento de Coalición Galega: a grave enfermidade e posterior morte do seu líder natural, Euloxio Gómez Franqueira, os personalismos, a indefinición ideolóxica…

Imagem

Así e todo, durante todos estes anos, malia ter que atravesar por unha dura travesía polo deserto, un grupo de persoas na provincia de Ourense mantívose fiel a estas siglas e non consentiu que Coalición Galega caese no esquecemento. Ese mesmo grupo de persoas, lideradas por Fernando Alonso e Xosé Posada, contribuíu de maneira moi importante ao nacemento de Terra Galega, na que hoxe está integrada CG.

Hai 25 anos, o hoxe famoso escritor Manuel Rivas era o correspondente en Galicia do diario “El País”. A principios de 1984 o daquela novo periodista escribiu unha interesante reportaxe para o xornal madrileño e que podería sintetizar dunha maneira moi aproximada como foi o nacemento de Coalición Galega. Ese artigo dicía o seguinte:


Coalición Galega disputa a hexemonía política de Galicia a aliancistas e socialistas.

Desafiou as estatísticas e venceunas en dúas ocasións. Afirmou Santiago Carrillo: como non vai saír Franqueira por Ourense? Eulogio Gómez Franqueira é xa un personaxe de novela. Aparece na última mazurca de Camilo José Cela. Factótum principal da historia política e económica contemporánea de Ourense, este home, nacido en 1917 na aldea de Cenlle, que non quere saber nada do avión e adora os Mercedes, sobreviviu con éxito a todos os naufraxios. Contan que en 1936, sendo membro das Mocidades Galeguistas, salvou a cabeza grazas á protección dun tío, funcionario do concello. En 1959, cando ninguén apostaba un peso polo campo galego, era xerente de UTECO e poñía en marcha a maquinaria económica máis potente do interior de Galicia. No 1980 revolveuse a tiro limpo contra un intento de secuestro por un comando de ETApm e foi ovacionado como heroe no congreso dos deputados. Integrado en UCD resistiu o derrubamento desta formación política. Agora é un dos protagonistas, sempre en segundo plano, da operación Coalición Galega, un novo partido que aspira a disputar a hexemonía política de Galicia a AP e ao PSOE.

Imagem

Desde o seu xubileu compostelán, outro home, mozo e activo propagandista das Mocidades Galeguistas de 1936, observa con grandes cautelas a operación en marcha. Mestre rural como Franqueira, impulsor tamén do cooperativismo, aínda que dun sinal máis comunitario, Avelino Pousa foi o primeiro secretario xeral do reconstruído Partido Galeguista (PG) en 1978. A integración do PG é un dos ingredientes máis novos na ampla confluencia que abarca Coalición Galega, nutrida principalmente de distintas familias centristas e independentes de dispar procedencia; algúns, como Indalecio Tizón do campo socialista. Con 1.000 concelleiros en toda Galicia, fronte aos 1.400 aliancistas e 929 socialistas; con maioría absoluta na Deputación ourensá e nove deputados no Parlamento galego, Coalición Galega, rexistrada como partido político o pasado día 11 de decembro, resérvase a gran sorpresa de constituírse como grupo parlamentario no Congreso, en caso de que prosperen as negociacións con dous membros do Grupo Mixto, representantes independentes doutra comunidade autónoma, que colaborarían cos galegos Díaz Fontes, García Agudín e Gómez Franqueira.

Sería, afirman, a primeira vez que Galicia tería "voz propia en Madrid".

O Partido Galeguista achega a ascendencia histórica, a guinda auténtica a esta converxencia; pero o principal capital político, medido en cargos electos, incidencia social e potencial económico, procede dos restos do naufraxio centrista, dunha UCD que non morreu en pleno esplendor, pero case. Ademais de Franqueira e a súa inexpugnable demarcación e os galeguistas máis ou menos convencidos, protagonizan os primeiros pasos da operación Galicia, como eles a denominan, o Partido Galego Independente (PGI), fundado por José Luis Meilán e con principal base na provincia coruñesa, e os centristas agrupados nas CIGA de Pontevedra e Lugo.

O lanzamento non foi nada ruidoso. Todo o contrario. Os antigos baróns permanecen no anonimato ou na sombra, e incluso, como no caso de José Luis Meilán, parecen totalmente alleos a calquera participación directa. Políticos mozos, como Pablo González Mariñas, Rodríguez Pena, Antonio Olives, José Lage ou Ubaldo Atanes, pouco ou nada queimados en episodios da transición, levan as rendas desta operación que vai tecendo a súa estrutura en toda Galicia, aínda que xa albiscou no muradar das cidades o seu principal talón de aquiles. Ese certo sixilo, con limitadas aparicións públicas cargadas de humildade autocrítica, esquivou a polémica e as descargas doutras forzas políticas.

Mentres en Alianza Popular seguen con receo o que por agora semella ser un calculado e maxistral movemento de peóns, o PSOE galego non parece considerar ameazado o seu espazo electoral por esta iniciativa de galeguismo desde a moderación que gustaría reflectirse no espello de Convergència i Unió. Tampouco se reacciona con estrondo no -campo da esquerda nacionalista. Para o deputado Claudio López Garrido, do Partido Socialista Galego (PSG), "o intento de Coalición Galega, na medida que rompe co bipartidismo, é positivo, aínda que dubido das posibilidades de construír unha dereita galeguista forte: determinados tinglados só se sosteñen coa protección centralista".

"Coalición Galega", di o seu voceiro no Parlamento galego, Pablo González Mariñas, "é en certo modo un intento superador de dúas experiencias traumáticas: a dun Partido Galeguista cheo de ideais que non conseguiu rachar o cerco testemuñal e a da UCD". Mariñas, un coruñés de 38 anos, profesor universitario, iniciado na política no PGI, confía en que outro erro histórico da UCD galega, o seu excesivo tribalismo, con auréola caciquil, se acabe superando con esta nova experiencia, cunha estrutura organizativa de base comarcal, que atende á peculiaridade territorial, e cunha dirección política galega con poder real. A metade de camiño da primeira lexislatura autonómica, Mariñas afirma que Coalición Galega "xorde nun momento histórico oportuno e pretende ser un partido netamente galego con opción real a gobernar".

A Convergència catalá é un modelo e algo máis. Rodríguez Peña, actual secretario xeral do Partido Galeguista, pon o acento galego nos encontros políticos futuristas promovidos por Miquel Roca. Este arquitecto, de 40 anos, vicepresidente do Ateneo ourensán e afeccionado ao xadrez, participou desde os seus prolegómenos na operación reformista. Desde a independencia orgánica, incuestionable segundo os promotores, unha vez conseguida a consolidación interna, Coalición Galega tratará de ter unha proxección estatal. Segundo Mariñas, "non queremos facer inviable a nosa política por autarquismo, pero tampouco aceptaremos socios privilexiados; unha confederación, algo semellante, e dígoo a título persoal, sería a fórmula ideal".

No primeiro trimestre deste ano, a nova forza política celebrará o seu congreso constituínte. A discreción que rodea a todo o operativo en marcha non impide que afloren discrepancias, procedentes sobre todo de colectivos do Partido Galeguista. "Se fala moito de Converxencia, pero os cataláns non dubidan á hora de afirmar o seu carácter nacionalista", di con proverbial vehemencia Avelino Pousa. "Galicia é unha nación, é unha cuestión de dignidade, e non podemos arrumbar ese sinal de identidade sen traizoar o legado do histórico PG; non entendo por que se resisten a definir á coalición como nacionalista, cando iso non ten nada que ver con veleidades separatistas".

Para Avelino Pousa, que pertence á comisión de conflitos do partido, non se trata dun problema de incompatibilidades persoais, senón de contidos políticos. "Eu non teño vocación de enterrador". Aínda que foron moi distintos os camiños despois dos anos da mocidade, non pon reparos a ese reencontro nunha mesma formación política con homes como Eulogio Gómez Franqueira. "Persoalmente respéctoo; ademais, non hai ninguén inmaculado. Neste país temos que facer un esforzo de entendemento".

Figura enormemente polémica -talvez polo seu propio poder-, cauteloso político e audaz empresario, Franqueira, que foi procurador nos Cortes franquistas, foi utilizado pola esquerda como símbolo do gran caciquismo de posguerra, sentir non compartido por gran parte dos seus paisanos. Para Adolfo Domínguez, por exemplo, deseñador de renome internacional, empresario da nova onda, un liberal que vota socialdemócrata segundo propia definición, "en Galicia necesitariamos moitos homes como Eulogio".

Manuel Rivas. A Coruña - 10/01/1984 El País

Fonte: http://www.terragalega.eu/novasver.php?id=299

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 29 Abr 2008, 20:38 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Terra Galega e Partido Galeguista estiveron nos últimos dous meses a negociar un acordo para presentarse en coaligazón ás próximas eleizóns nacionais galegas de 2009. Nas últimas semanas nas negociazóns houbo máis intereses partidistas que Patriotismo. Os dous partidos están a tensar a corda todo o que poden para ter maior poder dentro da coaligazón, poñendo en dificultades o acordo. TEGA e PG poderían facer público o anuncio da coaligazón (ou do fracaso das negociazóns) dentro de dúas semanas.

TEGA e PG deberían lembrar que a súa responsabilidade única e principal é coa nazón. Únanse xa e deixen de xogar ao can e gato.

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 29 Abr 2008, 21:27 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 28 Mar 2008, 00:50
Mensagens: 102
Localizaçom: Ponte-Vedra (Gallaecia Norte)
Tenho uma teoria: do mesmo jeito que o BNG-UPG é a versom aparentemente galeguista do PSG-PSOE, TEGA e o PG som o mesmo (ou menos) respeito ao PP: submarinos!!!

Todos os indícios assim o mostram.
Ainda que na verdade eu estivesse errado, é claro que som uns irresponsáveis. Em qualquer caso, nom estamos na cabeça deles para sabermos a verdade.

Porque nom fundamos o Partido Nacional Galaico ( por enquanto na Galiza norte) como dizia seso.
Este poderia fazer uma política de moderaçom nas formas e ambiçom posibilista no fundo, e seduzir o eleitorado sem trair-se a sim próprio.

No sul, façamos uma associaçom cultural galaica, e também uma Plataforma para a Mudança da Lei Eleitoral, que poderia mesmo recorrer a proibiçom ante Estrasburgo (pois polo visto é incompatível com um tratado assinado por Portugal).


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 04 Mai 2008, 23:25 
Offline

Registado: 10 Dez 2007, 18:43
Mensagens: 110
Sobre este tema xa me expresei en múltiplas ocasións: É necesaria a creación dunha situación política normalizada para que os electores galegos, galeguistas, estean representados dende todas as ideoloxías. É necesario que Galiza volva desfrutar dun partido que acolla as sensibilidades conservadoras e centristas do país, durante tantos anos secuestradas por unha sucursal de AP-PP que se situou no mapa galego de forma oportunista no momento da revisión do Estatuto da UCD (e tras a caída de dito partido), a pesar de que nin sequera apoiou abertamente a Autonomía antes dos Pactos do Hostal. É hora de que o centro galeguista, a facción do galeguismo que saíu peor parada ao remate dos anos 80, mais a primeira que levou a representación galega ao Congreso dos Deputados dende a creación do II Estatuto, poida aspirar de novo a ter opcións no noso Parlamento, como nos tempos da vella coalición Galega. Esperemos que as negociacións leven á presentación dun partido íntegro e coas suficientes perspectivas, que distinga entre intereses persoais e patriotismo, e que saiba difundir entre o electorado de centro e dereita as súas pretensións. Cunha boa campaña, e con unidade, é posible.

Porén, se non se chega ás autonómicas coa suficiente forza, córrese o risco de cometer por segunda vez o erro profetizado por López Garrido, do PSG: "o intento de Coalición Galega, na medida que rompe co bipartidismo, é positivo, aínda que dubido das posibilidades de construír unha dereita galeguista forte: determinados tinglados só se sosteñen coa protección centralista".

En todo caso, confío en que dunha vez por todas se poida insuflar aos galegos conservadores unha idea real do nacionalismo (que non significa necesariamente radicalismo comunista, nin independencia, como moitos vellos aínda pensan). Superemos o moribundo folcklorismo galego dos "boinas" e fagamos de todos a reflexión de Pousa Antelo: "Galicia é unha nación, é unha cuestión de dignidade, e non podemos arrumbar ese sinal de identidade sen traizoar o legado do histórico PG; non entendo por que se resisten a definir á coalición como nacionalista, cando iso non ten nada que ver con veleidades separatistas".

En fin, agardemos... e esperemos.


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem: Novidades Terra Galega + Partido Galeguista
Nova MensagemEnviado: 08 Mai 2008, 22:47 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Fev 2008, 23:30
Mensagens: 6
Citar:
Terra Galega e Partido Galeguista ultiman a súa converxencia electoral

Os traballos céntranse en decidir os nomes dos responsábeis provinciais. Mentres, xa se barallan nomes como Coalición por Galicia ou Converxencia Galeguista.


Fonte: http://www.vieiros.com/nova/66342/terra ... -electoral


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 13 Set 2008, 08:28 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
Xoan Gato Escreveu:
O coordinador xeral de Terra Galega e alcalde de Narón fai un repaso da situación política e económica que está a a travesar a nosa terra e de como encara a formación tegá as vindeiras eleccións autonómicas.

"Eu dou por feito que vai haber acordos co PG"

"O primeiro punto vai ser o control estrito do gasto público, porque estanse a gastar millóns de euros sen nengún criterio racional"

"É preciso un relevo xeracional, de nomes, de caras. Nós temos que ir pasando a un segundo plano"


Imagem

A formación Terra Galega, a chamada “cuarta vía galega”, está a dirimir as súas diferenzas no xulgado. A crise estourou cando o seu presidente, o ex-conselleiro Pablo Padín, decidiu convocar un congreso sen contar con parte da organización. Os partidarios de Xoán Gato, que englobaban a maior parte de cargos locais do partido, sinalaron que non ían acatar as conclusións congresuais e acudiron á xustiza. Polo momento, o xulgado xa se inclinou por esta última tese e decretou a suspensión cautelar do congreso.

Así, á espera de como resolven os tribunais esta liorta, Gato, coordinador xeral da organización, volve ser o líder de Terra Galega.

-Terra Galega vén de vivir unha auténtica guerra interna que acabou nos xulgados. Pode sintetizar o que aconteceu nos últimos meses?

-Estamos diante dun xarampón de crecemento. Aquí había dúas culturas políticas. Unha a do sector maioritario, que propugnamos unhas eleccións dende a base, e polo outro lado o pequeno grupo que acompañaba a Pablo Padín, que quedou cos libros de afiliación e de contas e que convocou un congreso de costas ás bases. Non nos quedou máis remedio que ir a un contencioso e, polo de agora, a xustiza xa suspendeu cautelarmente ese congreso. Sen dúbida, estabamos diante dun “golpe de estado” interno. Mentres uns cremos na democracia outros pensan que todo se fai en catro contubernios. Agora, sigo sendo o coordinador xeral do partido pero tiven que reclamar tamén xudicialmente o libro de contas e o de afiliación, que non os queren entregar. Aínda así, teño que dicir que estou contento porque a xente do partido respondeu diante destas manobras.


-E como son agora as relación co presidente da formación, Pablo Padín?

-As relacións son normais. É o presidente do partido, convocámolo á última Dirección Nacional e non quixo asistir.


-Cando estourou a crise vostedes estaban a negociar unha coalición electoral co Partido Galeguista de cara ás eleccións ao Parlamento...

-Eu dou por feito que vai haber acordos co PG. Tamén é certo que este partido ten que facer algunha depuración interna. Hai persoas que se presentaron nalgunha cidade que non representan de ningún xeito as nosas ideas.


-Refírese expresamente ao candidato do PG na Coruña, Carlos Marcos?

-Non imos ter experiencias con oportunistas. Iso ten que quedar claro.


-Podemos afimar que Terra Galega é unha formación inequivocamente nacionalista?

-Terra Galega é galeguista porque ten por único ámbito Galiza. Aínda que consideramos que Galiza é unha nación, non levamos no noso programa o dereito á autodeterminación pero si todos os demais dereitos. En definitiva, queremos vivir dentro do edificio do Estado Español pero estamos cansos de ser a porteira


-Entón, vostede aspira a un modelo federal?

España camiña rapidamente cara unha estrutura federal e o peso deste proceso estase a levar dende Euskadi e Cataluña. Galiza non participa porque as forzas estatais puxeron un pé enriba e mesmo o BNG xoga un papel ambiguo.


-Hai quen pensa que vostede lidera unha formación que recolle aos que se encabuxan cos outros partidos...

É certo que a Terra Galega chegou xente desencantada. Hai xente do PP e do PSOE, e tamén do Bloque, cansa de ver como este país non aproveita as súas potencialidades. Eu a esta xente que se achega a nós non lles chamo “cabreados”, creo que retoman o sentido común.


-Vostede comezou no PSG en 1977, pero o Xoán Gato de 2008 ten o corazón máis achegado á esquerda ou á dereita?

-Téñoo máis centrado. Cada vez estou máis desencantado dos conceptos esquerda-dereita. É de esquerdas que o alcalde de Ferrol chegue ao consistorio e duplique o soldo? É normal que os concelleiro de Esquerda Unida fagan o mesmo? É progresismo o do BNG? É progresista triplicar o número de liberados do Parlamento? É progresista que a Xunta use o sistema Fraga á hora de relacionarse cos concellos? O concepto de progresismo é darlle vida ao pobo e axudarlle aos emprendedores a sacar adiante os seus proxectos.


-Vostedes marcan moita distancia co BNG, mais dentro do Bloque hai organizacións como o PNG-PG que tampouco están tan lonxe dos seus postulados teóricos. Cal é o problema?

-O Bloque ten que definirse. Hai xente que está aínda polo 'non', que lle custa facer o cambio mental. O PP declárase como o que é, o PSOE tamén, o BNG non o fai nunca. Ao Bloque hai que deixalo aí. Aínda que, afortunadamente, vai cambiando pouco a pouco. Ademais, Galiza ten que ser un país normalizado. En Cataluña, por exemplo, o menú está completo con diferentes opcións á hora de votar. Aquí non. Nós somos un partido liberal no económico pero profundamente social á hora de atender a aqueles que o precisan.


-Coalición Galega foi o mellor expoñente dese chamado “centro nacionalista”, mais a experiencia rematou de xeito traumático. Pesa moito aquela sombra?

-Claro que pesa. A desaparición de Franqueira é decisiva. Houbo unha descomposición do centro galeguista que aínda estamos pagando. Mais estou convencido de que hai futuro. Non me queda moito na política e se non estivese seguro de que é posíbel non me embarcaría neste proxecto.


-Quizais é preciso un relevo xeracional, de nomes, de caras...

-Eu téñoo moi claro. Cada vez que vén un rapaz novo sumarse ao proxecto alégrome moito. Temos que abrir a xente a sabia nova e nós ir pasando a un segundo plano. O futuro é xa deles.


-Vese de deputado no Hórreo?

Vou xogar este último partido. Non tiña esa aspiración, son máis xestor que político. Pero farei o sacrificio e percorrerei a provincia da Coruña para intentar obter esa acta. Sei que imos ter moitas dificultades, porque non temos apoios mediáticos nin económicos.


-Se ese soño se fai realidade cales son as condicións que vai poñer Terra Galega para apoiar un Goberno?

O noso compromiso é que só vai haber un decálogo e o primeiro punto vai ser o control estrito do gasto público, porque se están a gastar millóns de euros sen ningún criterio racional. Queremos un programa de industrialización consensuado co empresariado do país e un plan especial para reactivar o agro. Non estamos casados con ninguén e só imos pactar baixo condicións programáticas.

Fonte: http://www.terra-galega.org/

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 22 Nov 2008, 01:01 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 25 Jun 2006, 20:20
Mensagens: 593
Localizaçom: Sant-Iago, Gallaecia Lughense
COMUNICADO CONXUNTO DE TERRA GALEGA - PARTIDO GALEGUISTA:

Pablo Padín e Xermán Tobío en nome de Terra Galega xunto con Manuel Suarez e Lucía Vazquez en nome do Partido Galeguista presentaron unha rolda de prensa conxunta na que manifestaron o seu compromiso de traballar dende agora pra conformar unha coalición que sexa unha opción real de poder.

Adxuntamos o manifesto presentado á prensa.

1. O Partido Galeguista e Terra Galega coinciden na convición de que a sociedade galega, cunha identidade nacional ben definida, non conta cunha expresión política maioritaria que reflexe debidamente a realidade social do país.

2. Terra Galega e Partido Galeguista recoñecen a necesidade e a oportunidade de formar unha coalición estable que ofreza á poboación galega unha alternativa real de poder, centrada no galeguismo e firmemente comprometida ca nosa terra nun amplo abano ideolóxico, tolerante e integrador, disposto á incorporación doutros coletivos que compartan a nosa visión de Galicia.

3. Este proxeto está aberto a toda a sociedade sen distincións de status social: traballadores, pequenos e grandes empresarios, campesiños e mariñeiros, profesionais e funcionarios; o país necesita de todos eles e os intereses de todos eles deben ser defendidos. Cremos que a principal misión dun partido galego é sinalar obxetivos comúns pra toda a poboación e defendelos con eficacia.

4. O pacto de colaboración no que traballamos permitirá manter a identidade dos dous partidos, buscando un resultado sólido e non conxuntural que permita un acordo estable e definitivo.

Con este acordo comprometémonos mutuamente e diante da sociedade galega a ofrecer a este país unha alternativa sólida de poder que represente os obxetivos maioritarios da nosa poboación.


Na prensa:


A Voz de Galicia Escreveu:
O Partido Galeguista e Terra Galega concorrerán xuntos ás eleccións autonómicas

«Seremos unha forza de centro moderada e con Galicia como único eixo», afirman

Terra Galega, a cuarta forza política nas pasadas eleccións municipais (33.615 votos, un 2,54% do total, e 66 concelleiros electos), e a sexta, o Partido Galeguista (19.736 votos, un 1,2% do total, e dez edís), alcanzaron un principio de acordo para crear unha coalición que aglutine a boa parte das máis de 120 formacións independentes que concorreron á cita electoral do 2007.

«As conversacións van por moi bo camiño, hai entendemento entre as partes e confluencia nos intereses», admite Pablo Padín, referente ideolóxico de Terra Galega e un dos motores deste matrimonio de conveniencia.

Padín non se atreve a precisar aínda cantos partidos desas formacións independentes sumaranse ao seu novo proxecto, aínda que aventura unha boa acollida entre todos aqueles con os que xa contactaron. De feito, o pasado outono celebrouse unha reunión multitudinaria en Santiago, da que saíu o compromiso de concorrer xuntos nunha coalición. «Queremos aclarar todo con urxencia, no prazo de tempo máis curto posible, pero sempre de forma operativa», di Padín.

O novo partido será, din os seus promotores, «de centro, galeguista e moderado», para ocupar un espazo político que, insiste Padín, segue orfo na comunidade galega.

Nesa casa común falta por deseñar aínda, por exemplo, o nome. O que máis forza cobra é o de Coalición por Galicia. «Resume á perfección o sentimento dunha forza política cuxa única razón de ser é Galicia», informan fontes coñecedoras do proxecto.

Na nova formación tampouco preocupa demasiado o desembarco doutros partidos como Unidade, Progreso e Democracia (UPyD) ou Cidadáns, que xa manifestaron tamén o seu desexo de ocupar o centro moderado en Galicia a partir das próximas autonómicas. «Respecto a eses partidos, pero sempre digo que os experimentos e os chistes, mellor con gasosa. E, nese caso, estamos falando de dous partidos de ámbito nacional que están moi afastados dos problemas reais de Galicia, que é o único que a nós nos interesa defender», defende a súa posición Pablo Padín.

O máximo mandatario de Terra Galega tampouco teme a polarización do voto entre as grandes forzas ou o posible crecemento do Bloque Nacionalista Galego mercé ás súas responsabilidades de goberno na actualidade. «Cando nos presentamos con Coalición Galega, nós sacamos 11 parlamentarios e o BNG, con Beiras, que me parece mellor candidato que Anxo Quintana, quedou cun só», advirte o dirixente de Tega.

http://www.lavozdegalicia.es/galicia/20 ... oma=galego




O Correo Galego Escreveu:
Terra Galega e Partido Galeguista acordan concorrer ás eleccións

Pabblo Padín e Manuel Suárez, presidentes de Terra Galega (TG) e do Partido Galeguista (PG), presentaron hoxe o acordo alcanzado por ambas as dúas organizacións para concorrer ás próximas eleccións autonómicas dende unha "coalición estable" para ocupar o espazo de centro galeguista.

Suárez sinalou en conferencia de prensa que se trata de satisfacer unha demanda que se manifesta dende hai tempo pola cidadanía cunha opción real de poder dende un espazo político "polo que loitan todos os partidos", pero que lles corresponde a estas organizacións "por natureza".

Padín, pola súa banda, explicou que se trata dun acordo "moi traballado e moi esperado pola sociedade de Galicia". O dirixente de TG sinalou que, ademais da vontade de permanencia da coalición, tamén a ten de incorporación de "moita xente" e plataformas municipais que, en número superior a 120, se configuraron para os comicios locais.

O ex deputado e ex conselleiro de Sanidade agregou que coa irrupción desta coalición no Parlamento de Galicia rompería o "monopolio político de tres forzas" e entraría "aire limpo" á Cámara, onde só hai dúas opcións de Goberno, o PP ou a suma de PSdeG e BNG.

Suárez explicou tamén as principais "ideas-forza" nas que se basea o acordo e que se refiren á constitución dunha "forza galeguista de base social ampla que teña como obxectivo facer país, que sirva como instrumento para a afirmación nacional de Galicia".

Outros asuntos que recollen na base do acordo fan referencia a compromisos en equilibrio territorial, desenvolvemento sostible e a necesidade de lograr o cumprimento dos compromisos de infraestruturas do Estado en Galicia.

Ademais, TG e PG comprométense na defensa das empresas galegas, pero reclámanlles "un compromiso destas co país, reflectido no seu desenvolvemento, a súa renuncia á deslocalización e os seus investimentos".

Finalmente, demandan das entidades financeiras galegas a investimento en Galicia dos recursos que se xeran nela e chaman ao resto das forzas políticas a "retomar a reforma do Estatuto", coa renuncia ao partidismo e dende unha "visión de facer país".

Preguntado pola experiencia de Coalición Galega, na que participou Padín e que en 1985 chegou a obter 11 deputados no Parlamento de Galicia, o presidente de Terra Galega recordou que en aquelas eleccións o BNG obtivera un deputado, o que marcou -dixo- o nivel de aceptación do galleguismo moderado.

Dixo que había que tomar boa nota" de aquela experiencia e agregou que agora contan con persoas máis preparadas e mellor distribuídas polo país, polo que, neste sentido, a expectativa é superior á de entón.

Preguntados polos seus posibles aliados unha vez celebradas as eleccións, o presidente do Partido Galeguista dixo que non exclúen a ninguén, pero que esixirán "compromisos programáticos e co país".

http://www.elcorreogallego.es/index.php ... cia=364771


Galicia Hoxe Escreveu:
Terra Galega e Partido Galeguista conforman unha coalición "estable" para concorrer ás eleccións autonómicas ocupando o "centro galeguista"

Aspiran a incorporar a 120 grupos municipais independentes

Terra Galega e o Partido Galeguista concorrerán en coalición ás próximas eleccións galegas, que previsiblemente se celebrarán en marzo de 2009, co obxectivo de ocupar un espazo "baleiro", o do "centro galeguista", lograr o voto "da xente desencantada da política actual" e presentar "xente nova e preparada" nas listas. Anunciárono esta mañá os presidentes de senllas formacións políticas, Pablo Padín e Manuel Suárez, respectivamente, que manifestaron a intención de que a coalición sexa "estable" aínda que se manterá a identidade dos dous partidos.

Ademais da negociación a dúas bandas, que realizan a través dunha xestora con 12 integrantes (seis de cada organización), están en contacto con 120 grupos municipais independentes, que aspiran a incorporar ás súas filas, do mesmo xeito que "outros colectivos" que pretenden integrar.

Na súa carta de presentación conxunta, lanzaron críticas contra PP, PSOE e BNG, que ó seu xuízo establecen un "totalitarismo no Parlamento", e porque entenden que as súas políticas non responden ós intereses do país, e postulándose como a forza que aplicará "políticas comprometidas" con Galicia e coa "cidadanía galega".

Propugnan, ademais, a necesidade de alcanzar o equilibrio territorial, compatibilizar progreso económico e medio ambiente, o desenvolvemento do medio rural e que se cumpran os compromisos en infraestruturas. Desde unha perspectiva empresarial, avogan por defender as entidades galegas, aínda que reclaman destas o compromiso de renunciar á deslocación e que as entidades financeiras aseguren o seu compromiso con Galicia. Isto é, que invistan na comunidade os recursos que esta xera.

Baixo estes criterios, e a falta dun programa electoral que está en proceso de elaboración, a coalición que conforman Terra Galega e Partido Galeguista aspira a situarse como unha "alternativa" real e "sólida" de poder. "Aspiramos a todo", explicou Manuel Suárez, aínda que recoñeceu que "agora non será fácil".

Preguntado Padín sobre o conflito en Terra Galega, pois a Xustiza suspendeu o último Congreso celebrado este verán tras unha denuncia formulada polo alcalde de Narón, Xoán Gato, afirmou que "eu son ou presidente de Terra Galega". Xermán Tobío, tamén integrante da formación e afín a esta facción, explicou que un auto xudicial "anulou temporalmente" o congreso poque "catro amigos non están dacordo" co resultado da votación e "fan ruído a ver se lles damos algún cargo" de representación en TEGA.

Pola súa banda, o dirixente de Partido Galeguista sinalou que seguen este asunto con "interese, cando non preocupación" e afirman que o pacto que lle ofrecen a Terra Galega para formar coalición é "a nivel de institución". Isto é, que independentemente de quen presida os órganos competentes de cada partido e aínda que "cambien as persoas", "non debe pasar nada".

"Xoán Gato dicía que é momento de escapar de personalismos e pensar en Galicia", aseverou, para engadir que "eu asumo esta frase".

http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php ... cia=364781

_________________
GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem:
Nova MensagemEnviado: 22 Nov 2008, 01:41 
Offline
Avatar do Utilizador

Registado: 20 Fev 2007, 21:09
Mensagens: 415
Localizaçom: Exilado na Meseta :)
Penso que é unha boa nova que, desta quenda, os votantes galeguistas de centro poidamos ter unha opción realista cara ás próximas votacións.
O topónimo empregado é comprehensible, non hai que darlle maior importancia ou seren intransigente de máis.

_________________
-"Dende o lugar máis reducido do mundo, calquer home pode contempla-la inmensa grandeza do firmamento" - Vicente Risco, de Séneca


Topo
 Perfil  
 
 Assunto da Mensagem: Re: Terra Galega(TEGA) - Partido Galeguista(PG)
Nova MensagemEnviado: 30 Jul 2010, 23:19 
Offline
Site Admin

Registado: 13 Set 2009, 10:43
Mensagens: 53
Localizaçom: Gallaecia Norte
Ainda é cedo para celebracións. Apesar das distancias e personalismos, nas últimas semanas houbo achegamentos importantes. Seguirei informando.

Pois si: o centro se arrexunta...

A pesar de que nos últimos meses dábase por suposto que os pequenos partidos, boa parte dos cales se autonomean "de centro" estaban en fase de liquidación, a situación cambiou, e anúnciase a súa presentación ás municipais. En concreto Terra Galega, por cuxa titularidade litigaron Xoan Gato e Pablo Padín.

É un segredo a voces que ambolos dous políticos -Gato, que foi alcalde de Narón, e Padín, ex/conselleiro no Tripartito- achegaron posturas tras as sentenzas dos tribunais sobre as siglas. E a partir desa nova situación, TG ten decidido acudir aos comicios de maio nuns 200 municipios de toda Galicia.

A partir de aí é probable que outras formacións, como o PG que dirixiu Manuel Soto, o CDS que no seu día fundase Adolfo Suárez e outros de centroesquerda -escindidos do PSOE ourensán- puidesen sumarse ao proxecto. De feito, con algúns deles é un segredo a voces que existe diálogo aberto.

As principais dificultades para a afluencia deses grupos -ou outras listas independentes, algunhas xa no PP por invitación de Rafael Louzán, presidente da Deputación de Pontevedra- son de tipo económico. En concreto, a falta de créditos e a obrigación de devolver os antigos.

Terra Galega, como dixo antes das autonómicas Pablo Padín, ten unha situación relativamente saneada -"con liquidez en tesouraría"-, e podería asumir a súa expansión, pero "sen ningún tipo de aventura". Por iso é polo que a fórmula sería a dunha agrupación electoral, sen que TG asumise compromisos financeiros anteriores.

Outro dos problemas é o do illamento mediático deses grupos, e nese sentido é probable que contacten con Núñez Feijóo e Pachi Vázquez para que PP e PSOE propicien, ou polo menos non se opoñan de fronte, a unha maior presenza nos medios públicos galegos.

Entre algúns analistas existe a convicción de que "hai oco electoral e necesidade política", sobre todo de face aos pactos postelectorais alí onde non existan maiorías absolutas. A elección de Xoan Gato para a Cámara de Comercio de Ferrol -mesmo se citou o seu nome para o Consello Galego, que presidirá o vigués García Costas- vese como alentador para o centrismo.

Terra Galega ten na actualidade varios alcaldes e máis de medio cento de concelleiros, e como gusta dicir aos seus dirixentes "é a cuarta forza política de Galicia", a sucesora da Coalición Galega de Gómez Franquiera ou de Xosé Luís Barreiro, que é o home ao que tentou -en balde outra vez- recuperar para a política activa.

Aínda que non chegaron á fase de listas electorais, manéxanse xa varios nomes posibles nas grandes cidades. Iso si, partindo da idea de Padín de potenciar "unha renovación nas caras e nos nomes, dando paso a mozos e mulleres en postos que serán, despois das eleccións, decisivos".


Topo
 Perfil  
 
Mostrar mensagens anteriores:  Ordenar por  
Criar Novo Tópico Responder a este Tópico  [ 46 mensagens ]  Ir para página Anterior  1, 2, 3, 4  Próximo

Os Horários som TMG


Quem está ligado:

Utilizador a ver este Fórum: Nenhum utilizador registado e 1 visitante


Criar Tópicos: Proibído
Responder Tópicos: Proibído
Editar Mensagens: Proibído
Apagar Mensagens: Proibído

Pesquisar por:
Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group
Phpbb3 em Galaico unificado por Forum Gallaecia