Citar:
Sempre referíndome a Lusitania como nazón, gustaría de que me dixera a cal, entón, pertencen os territorios dende o Teixo até o Algarve, inclusive.
A miña referencia é como estaban as cousas antes de que viran os romanos. Certamente, hai nacións ibércias que naceron na Idade Media. ¿Qué eran Cataluña ou Castela na época romana? Lusitania, pola súa parte, tivo ó longo da historia 3 territorios que non debemos confundir: o prerromano, que é ó que me referín (Douro-Texo); o romano, que aparte diso chegaba á actual ó Algarve, ó Alentexo e a Extremadura; e a actual, que tristemente incorpora tamén a metade Sur de Galicia. Para min, a Lusitania é a prerromana, porque durante a época romana seguían existindo os pobos orixinarios perfectamente diferenciados; e actualmente, afirmar que o Alentejo e o Algarve son lusitanos
teríanos que levar á forza a aceptar que os nosos irmáns galegos ó Sur do Miño tamén son lusitanos. O Alentexo e o Algarve son algo aparte, como o eran antes de e durante a romanización: Célticos e Conios respectivamente. Como os casteláns e os leoneses non son iguais cós extremeños, tampouco son o mesmo os lusitanos cós alentejanos. Espero que se me entenda esta idea (que se distancia por completo do tema que abrín, os astures).
Citar:
Érronea sería, sen dúbida, se obviásemos o aporte Suevo, tanto cultural coma xenético.
O sangue galaico actual, é o formado por todo-los pobos europeus que configuran aos galaicos de hoxe, e por isto, porque Asturias comparte a mesma herdanza que a Gallaecia Lucense (ou Compostelá), os astures pertencen á Gallaecia
Claro que non podemos sacarlle importancia ós suevos na nosa historia nin na nosa sangue; o que pretendo expoñer é que os suevos non fixeron a nosa nación, que Galicia existía antes, moito antes de que eles nos conquistaran. Se contamos os suevos, na Galicia Norte habería que contar ós casteláns, que dende hai tanto tempo se veñen asentando na nosa patria de funcionarios ou mercadores; ou ós cataláns que viñeron a miles para colonizarnos. Pero non por iso imos dicir que Galicia é PRECELTAS + CELTAS + ROMANOS + SUEVOS + CASTELÁNS + CATALÁNS. Non podemos contar cada pobo que nos invade e se asenta para definirnos como nación. Comecemos a contar ata que comezamos a existir como nación.
Citar:
Dacordo estou contigo en isto. A ecuación é unha forma de achegar a ideia, e face-lo fácil aos demáis, nom familiarizados.
Eu tamén som un romántico e creo en Breogán e os seus, pero en que data exacta datamos a Breogán? E os anteriores a il?
Volvemos ás subxectividades

Eu persoalmente asocio a Breogán ós primeiros indoeuropeos que chegaron aquí, que aínda non tiñan cultura celta (pero sen dúbida falaban linguas célticas ou protocélticas). Arqueolóxicamente, corresponde á Idade do Ferro, así que bótalle entre os séculos VIII e VI a. C.
Citar:
Ai nom? Somo-lo berce do celtismo e disme que nom somos máis celtas que os castelás por exemplo. Estudos xenéticos poden demotrarche o contrario.
O berce do celtismo non é en ningún caso Galicia. A cultura arqueolóxica que se asocia ós celtas é
La Tène, que ten a súa orixe nos alto Rin e Danubio. Os "protoceltas", que viñeron antes de que aparecera esta cultura (Breogán e compañía), ou viñeron dende o lugar que dixen, ou dalgunha área da Cultura dos Campos de Urnas ou de Escitia (esta localización segundo as lendas irlandesas).
Pola súa banda, os estudios xenéticos non demostran nada, ó meu ver. Só coñezo os do Cromosoma-Y, que son demasiado confusos xa que os haplogrupos teñen como mínimo sobre 20000 anos de antigüidade (antes do Holoceno), así que con eles é moi complicado observar movementos de poboacións históricas. Por exemplo, en Europa Occidental os pobos máis semellantes son os vascos e os galeses (que teñen unha incidencia de sobre o 80% do haplogrupo R1B). Isto o único que demostraría é que os galeses de celtas teñen máis ben pouco, e non me creo tal cousa.
Para rematar, insisto en que Galicia é hoxe o que era antes de que viñeran os romanos, a Galicia que, románticamente, naceu da fusión dos
Gaedhil e o pobo indíxena, os oestrimnios. Antes de que viñeran os romanos, os astures eran un pobo diferente dos galaicos.
E hoxe, cando os galegos do Norte somo-la mesma nación cós do Sur pese a mil anos de división, os astures forman outra nación diferente embora tivesen, por vecindade, unha historia común e inherente á nosa. Saúdos
. Por isto nunca entrarían nista adición catalás, castelás, ou as derradeiras ondas da inmigrazón, que sofremos hoxe.
Partindo dista premisa podemos reconhecer igualmente a Lusitania como o territorio que vai dende o Douro (ou se cadra algo máis ao sur) até o Algarve xa que non é actualmente, a Lusitania prerromana. Por ende Asturies como parte da Gallaecia.
No tocante ao tema de Breogán nom sei que estudos arqueolóxicos manexa pra enunciar tales afirmaciós, pero gustaríame conhece-los.
Xa pra rematar con estudos xenéticos refírome non só aos Halogrupos, que non tenhen máis 20000 anos, como di, senón que os milenios varían dependendo, segundo sei, do halogrupo ao que nos refiramos, habendo algús máis antigos.
É certo que no norte penínsular e en grande parte das "nazós celtas" predomina o R1b, i é lóxico sabendo que están na franxa occidental europea, e dito halogrupo pertence ao Nórdico-roxo, ou nórdico occidental. Eínda que como saberá os halogrupos non indican grande cousa a día de hoxe pois un mouro pode ter un halogrupo Y-DNA do -Ia- (vikingo) e ser mouro de pura cepa, só que alguén dise sangue fai miles de anos trincou unha moura e o cromosoma Y foise traspasando de pais a filhos eínda que foran sempre uniós entre sarracenos.
Os estudos xenéticos aos que me refiro son os levados a cabo, por exemplo, polo médico forense Anxo Carracedo. Ou outros dos que pode atopar pola rede, xa que o tema dos halogrupos nom quer dicer gran cousa, como comprenderá.