|
Mañá 9 de marzo celébranse unha eleizóns cuxo resultado vai afectar a Galiza.
As forzas políticas que se presentan na Galiza con posibilidades de obter representantes no parlamento dos hispanos son o PP, PSOE e BNG.
O PP é un partido nacionalista hispano que se opón á nosa cultura e á nosa soberanía nacional. No seu programa eleitoral figura a imposizón do idioma castelán na Galiza e o bloqueo a un Estatuto de Autonomia mais ambicioso para a nosa nazón.
O PSOE é outro partido nacionalista hispano que demostrou moitas veces que non vai apoiar o libre desenvolvimento da nosa soberanía nacional, a menos que necesite de apoios políticos galegos, bascos ou cataláns para seguir instalado no poder.
O BNG é unha coaligazón de partidos galegos que, con mais ou menos intelixencia, traballa pola normalizazón nacional do noso país. Expresei moitas veces neste foro o meu total desacordo con ese clube controlado por neocomunistas, abortistas, multiculturetas e demais trapallada iberista e terceiromundista que pouco comprenden cal é a esencia nacional do noso país.
Estando en desacordo cos programas políticos deses tres partidos, podería pensarse que a única saída é o voto en branco ou a abstenzón.
Os nacionalistas galegos debemos pensar unha vez máis en cal é a opzón que menos perxudica aos intereses do noso país.
Tras o atentado terrorista cometido polos comunistas bascos co fin de desestabilizar o resultado das eleizóns ao parlamento hispano, agrávase o risco de que acceda ao poder o partido nacionalista hispano máis radical, o PP.
Neste escenario, o voto en branco ou a abstenzón é un voto non utilizado para parar os pés ao nacionalismo hispano. De todas as opzóns posibles, o que menos perxudica aos intereses do noso país, nestas circunstancias, é apoiar ao BNG.
Como outras moitas veces anteriores, moitos nacionalistas galegos irán votar co nariz tapado, intentando esquecer que o seu voto vai parar a dous comunistas da UPG incapaces de defender os problemas reais do noso país. Co nariz tapado, e só para evitar que outros peores que eles poidan facer ainda máis dano á Galiza, moitos nacionalistas galegos votarán polos terceiromundistas prosoviéticos, só coa esperanza de restarlle un voto ao nacionalismo hispano radical.
Esperemos que esta vez sexa a derradeira, e que para a próxima cita eleitoral (eleizóns nacionais galegas 2009) o centrodireita galego e a verdadeira socialdemocracia galega asuman a responsabilidade de reorganizarse, nun partido nacional de centrodireita e noutro de centroesquerda, porque Galiza necesita algo mellor que o triste panorama político ao que teremos que acudir mañá, máis unha vez co nariz tapado.
_________________ GALLAECIA EXPECTS EVERY MAN TO DO HIS DUTY
|