| Gallaecia - Forum Nacional Galaico http://www.forum-gallaecia.net/ |
|
| Descerebrados necocommies caen na trampa dos españolistas http://www.forum-gallaecia.net/viewtopic.php?f=2&t=620 |
Página 1 de 1 |
| Autor: | Outeiro [ 14 Fev 2008, 20:51 ] |
| Assunto da Mensagem: | Descerebrados necocommies caen na trampa dos españolistas |
Nas últimas semanas o nacionalismo hispano recebeu dous empurróns publicitarios grazas á estúpida colaborazón dos típicos descerebrados de sempre. Na Coruña, unha ridícula manifestazón de catro gatos hispanos contra a lingua galega, que tería pasado desapercibida, chegou ao máis alto dos titulares da prensa galega grazas a un grupo de hippies que caeu na trampa dos españolistas. En Santiago, unha conferencia dunha política bascoespañola, na que apenas había viste persoas aburridas, gañou todos os titulares da prensa durante dous días grazas, de novo, á inestimable axuda dos neocommies. Eses hippies descerebrados deben de ter abusado tanto das drogas que o cerebro non lles dá para comprender que o nacionalismo hispano fai este tipo de cousas para gañar publicidade gratuita. Eles saben que contarán coa desinteresada colaborazón dos descerebrados para que se monte un barullo e logo poder asociar: "independentismo" = "violencia" Pseudopatriotas de taverna!!! Deixade as drogas e poñédevos a estudar! ![]()
|
|
| Autor: | Lougei Albion [ 14 Fev 2008, 22:55 ] |
| Assunto da Mensagem: | |
Hai quen gosta de renunciar á súa individualidade para converterse en monicreques. Éstes o son, e como ben dice Outeiro, a dúas bandas. Deus nos ceive destes subprodutos neocomms. |
|
| Autor: | GabKoost [ 14 Fev 2008, 23:54 ] |
| Assunto da Mensagem: | |
Nao percebo como e que em Galicia existem pessoas CONTRA o Galego... Normalmente as regiões defendem a sua diferenciação e complexidade cultural. Ter um idoma próprio dentro de um país é uma belissima afirmação da região e dos seus valores. Deveriam no ensinar na escola ao mesmo tempo que o castelhano. |
|
| Autor: | ArrotreboGZ [ 15 Fev 2008, 02:24 ] |
| Assunto da Mensagem: | |
GabKoost Escreveu: Deveriam no ensinar na escola ao mesmo tempo que o castelhano.
Em tudo caso, deveria-mos dizer do espanhol "deveriam no ensinar na escola ao mesmo tempo que o galego-português". Lembrai que Galiza por muito que tenha pertença ao Estado espanhol de forma política, em nenhum momento foi o idioma espanhol língua da Galiza, nem o será. A prioridade é dar-lhe ao galego o status de língua veicular com carácter geral na educaçom em Galiza. E se querer, dar-lhe espanhol às crianças mas como matéria de língua estrangeira, como pudera ser inglês ou francês. |
|
| Autor: | Xelmírez [ 15 Fev 2008, 03:00 ] |
| Assunto da Mensagem: | |
Benquerido señor Outeiro. A curiosidade levoume á Coruña a pasada Sexta feira, onde puiden ver o suficiente para comprobar como se deformaron os feitos nas oficinas dun xornal que se di galego e doutro que, non menos, se presenta como "diario de la capital de Galicia". Tamén o suficiente para ver o que non se debe facer se pretendemos defender o noso país dos ataques neo-coloniais e da conseguinte terxiversación e desproporción mediática que tan pouca falta nos fan. Achei totalmente errada a resposta dos contra-manifestantes, non polo éxito de convocatoria (duplicouse en número aos españolistas) mais pola violencia verbal e o ruído. Respecto dos "amigos de los cachorros de ETA", como dirían os pepeiros vascos, non esperaba nada bo, mais eis que houbo ducias de cidadáns anónimos (entre estes eu me inclúo) que se achegaron con curiosidade e tras contemplar a situación, decidiron mostrar o seu rexeitamento ao ataque proferido por eses homes á nosa cultura, ocupando posicións tranquila e silenciosamente en fronte destes, mentres os "cachorros" coreaban as consignas de sempre. Din que eramos máis de 100. Probablemente se todos tivesemos "axido" desta forma, algo moi distinto pasaría. Os 40 ou 50 lunáticos de Coruña Liberal lerían completo o seu comunicado, sen boicotes, e nós estariamos alí observándoos, en silencio e sen perder as formas para lles demostrar que o pobo galego non acepta ser insultado. Daríamos bon exemplo. Claro que, se é o pobo galego o que insulta de primeiras, non nos extrañe que os que saian reflectidos nos medios como lunáticos non sexan eles, senón nós. E digo "nós" porque por mor das accións pouco meditadas destes mozos, está a caer unha grande lousa sobre o nacionalismo galego en xeral, xa que non faltan os que da outra banda do telón de grelos, e desta tamén, identificarán a estes marxinais como "acólitos de Anxo Quintana y compañía", e por extensión, prentenderán descalificar así, como xa o fan no País Vasco e en Cataluña, a todo o nacionalismo galego. Como vostede ben dixo: Citar: Eses hippies descerebrados deben de ter abusado tanto das drogas que o cerebro non lles dá para comprender que o nacionalismo hispano fai este tipo de cousas para gañar publicidade gratuita. Eles saben que contarán coa desinteresada colaborazón dos descerebrados para que se monte un barullo e logo poder asociar:
"independentismo" = "violencia" |
|
| Autor: | Outeiro [ 23 Fev 2008, 22:20 ] |
| Assunto da Mensagem: | |
GabKoost Escreveu: Nao percebo como e que em Galicia existem pessoas CONTRA o Galego...
Existem colonos hispanos muito activos e hostis CONTRA o Galego. Em menor medida, há alguns galegos com sentimento de inferioridade diante do colonizador castelám. Os primeiros nom som a nossa gente. Apenas som imigrantes hispanos inadaptados á cultura da Galiza (o seu pais de acolhida). Os segundos som a nossa gente. Nós necessitamos mostrar-lhes que o nosso projecto nacional é melhor que isto:
e que isto:
María San Gil, insultando ao cristiám-demócrata basco Josu Jon Imaz, com berros de “asesino”. A mesma María San Gil que dixo “Con Franco vivíamos en paz”. O nosso projecto nacional deve ser melhor que o desses descerebrados de ultraesquerda e de ultradireita. |
|
| Autor: | Gallaecia [ 25 Fev 2008, 17:30 ] |
| Assunto da Mensagem: | |
Pra violencia a destes ---> http://www.youtube.com/watch?v=jJwAIFfmhrw |
|
| Página 1 de 1 | Os Horários som TMG |
| Powered by phpBB © 2000, 2002, 2005, 2007 phpBB Group http://www.phpbb.com/ |
|